Goberno local
O BNG propón implantar no Concello de Vigo un Plan de Pago Personalizado de impostos e taxas
09/ago./2019
- A iniciativa permitiría que todas as persoas físicas, as PEMEs e as entidades sen ánimo de lucro puidesen fraccionar até en doce mensualidades o pago dos impostos e taxas sen ningún tipo de recargo nin xuros.
- O concelleiro Xabier P. Igrexas defende esta medida, que xa se aplica noutros municipios, para reducir o esforzo económico das familias traballadoras.