O BNG oponse a destrución de 39 postos de traballo no Concello de Vigo como pretende o Goberno municipal
A fronte nacionalista presentará emendas aos orzamentos de 2022 para reverter esta decisión e esixir que se poña fin as políticas de xestión privatizada de servizos municipais.
Xabier P. Igrexas: “É o momento de apostar por reforzar con máis persoal público en lugar de aplicar as receitas do PP como está a facer o goberno de Abel Caballero”.