regulamento
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG chama a reformar o Regulamento de Distincións do Concello de Vigo para garantir a súa pluralidade

A fronte nacionalista pide actualizar o documento, de 1981, para evitar a “devaluación” dos últimos anos polos “vetos sectarios e a imposición absolutista” de Abel Caballero

Solicita incorporar mecanismos que permitan a participación da cidadanía e do tecido social na designación destes recoñecementos, como sucede noutras urbes galegas

Xabier P. Igrexas: “O actual Goberno municipal non entende que a cidade é plural e diversa e non cabe nas costuras da súa temporal maioría absoluta no Pleno”

Ler novas
Novas
Encontro do BNG Vigo con Movementos Sociais e Asociacións Veciñais o pasado novembro

O BNG de Vigo propón máis participación e diálogo fronte a política do “aquí mando yo” de Caballero

A fronte nacionalista volve levar ao Pleno municipal a demanda dun novo regulamento de Participación Cidadá, como xa fixera na primeira moción deste mandato, ante o agravamento das “prácticas antidemocráticas e os tics autoritarios”

Xabier P. Igrexas: "Democracia é moito máis que votar cada catro anos e facermos cidade é tarefa de todas e todos"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo, no Pleno municipal

O BNG de Vigo propón reformar o Regulamento de Honras e Distincións do Concello para recuperar o consenso

A fronte nacionalista chama a renovar esta norma vixente desde hai case 42 anos diante do “talante autoritario” e do “sectarismo partidista” do goberno de Abel Caballero na concesión dos recoñecementos da cidade

Xabier P. Igrexas: “Reclamamos ao alcalde que deixe de actuar como un monarca absoluto para garantir que as distincións do Concello respondan á pluralidade da cidade”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo denuncia a ausencia “inxustificada” de Caballero no Pleno e o incumprimento do regulamento

A fronte nacionalista esixe explicacións pola falla de constancia de comunicación previa do alcalde para non acudir á sesión plenaria

O segundo tenente de alcalde alega que a ausencia do rexedor está motivada de forma xenérica por “outras ocupacións”, diante dunha cuestión de orde formulada polo concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas.

Ler novas
Novas
SAVE_20191120_181712

O Bloque propón a gratuídade do autobús urbano a todas as persoas menores de 14 anos

  • A fronte nacionalista presentou 15 emendas ao Proxecto de Regulamento de Transporte de Viaxeiros por Autobús da cidade.
  • Demandan tamén que se alargue o período de transbordo gratuíto a 60 minutos, que se garanta a conexión dos barrios e parroquias, a obrigatoriedade de que existan tarifas bonificadas, máis participación no deseño do servizo e que se estuden fórmulas para permitir o acceso de animais de compañía.
Ler novas