transparencia
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe a Caballero constituír a Comisión de Vixilancia de Contratación do Concello

A fronte nacionalista insta o rexedor a deixar de incumprir o Regulamento Orgánico do Pleno que, no seu artigo 34.3, fixa como obrigatoria a creación dese órgano para a fiscalización da contratación municipal.

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal está pagando a empresas por facer menos traballo do contratado e sen respeitar nin as condicións fixadas nin os dereitos do seu persoal”.

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama coñecer o estado da tramitación das alegacións veciñais ao novo PXOM

A fronte nacionalista solicita garantías de que se van atender e responder todas as propostas de modificación ao instrumento urbanístico e esixe ao goberno de Abel Caballero un calendario sobre os próximos pasos.

Xabier P. Igrexas: «Non imos tolerar que a unha xestión pouco transparente e participativa na elaboración se engada agora opacidade coas alegacións»

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas en rol

O BNG de Vigo pide que a veciñanza tome a palabra sobre o novo PXOM que elaborou na “escuridade dos despachos” o Goberno municipal

A fronte nacionalista salienta o baixo número de alegacións presentadas até o momento como evidencia da falta de participación e transparencia do proxecto urbanístico.

Xabier P. Igrexas: “O PXOM presenta gravísimas afeccións, como viais que van tronzar parroquias como Bembrive e Beade ou máis dun milleiro de vivendas fóra de ordenación”.
Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo acusa o Goberno municipal de esconder o documento de aprobación inicial do novo PXOM

A fronte nacionalista esixe o acceso a toda a documentación e demandará a comparecencia da equipa redactora do Plan Xeral na vindeira xuntanza do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Xabier P. Igrexas: “Non imos tolerar que o PXOM pase da escuridade dos despachos onde o estiveron elaborando a unha caixa forte para ocultarllo ás forzas políticas da oposición, ao tecido asociativo e ao conxunto da cidadanía".

Ler novas
Goberno local
favec03

O BNG trasládalle á FAVEC a súa aposta por potenciar a participación veciñal na cidade

  • O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo un encontro de traballo coa Comisión Permanente da Federación Veciñal.
  • O Bloque comprometeuse a "construír a cidade desde os barrios" poñendo fin ao seu abandono e priorizando os problemas e necesidades reais da veciñanza.
  •  Pérez Igrexas criticou o uso "caciquil" que o Goberno municipal fai dos recursos públicos para castigar os colectivos que expresan críticas e opinións diferentes.
Ler novas