transporte
Novas
[Foto: Treintayseis]

O BNG rexeita a suba “antisocial” do prezo do billete de bus en Vigo

Critican que as tarifas bonificadas aumenten nun 5,66%, case o duplo do IPC, e que o Goberno de Abel Caballero rexeitara facer gratuíto o bus para menores de 14 anos e persoas empobrecidas

Lembran que Vitrasa continúa a prestar 250 frecuencias menos de bus das existentes en 2019

Xabier P. Igrexas: "Vamos pagar máis por un servizo de bus cada vez peor”.

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo interpelará no Pleno ao Goberno municipal polos incumprimentos de Vitrasa

A fronte nacionalista denuncia que a concesionaria ten pendente a renovación de 27 de novos vehículos ao tempo que seguen circulando buses con máis de 12 anos de antigüidade

Critican a “barra libre” de Caballero con Vitrasa que, despois de recibir preto de 50 millóns de euros de subvencións e indemnizacións nos últimos cinco anos, vai rematar 2024 con 250 frecuencias menos das que había antes da pandemia

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses precisan e merecen de moito máis que buses turísticos e trenecitos para ver as luces” 

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, nun acto en Teis sobre o servizo de bus

O BNG pide non desaproveitar a “oportunidade” para Vigo que supón a fin da concesión a Vitrasa

A fronte nacionalista defende, desde un acto público en Teis, a remunicipalización do transporte urbano como primeiro paso para mellorar substancialmente o servizo

Xabier P. Igrexas: “Temos que despregar outro modelo de mobilidade, dando alternativas reais ao uso do coche particular, que conecte e vertebre o conxunto dos barrios e parroquias e nos permita avanzar cara a unha cidade máis habitábel, máis segura e moito máis sustentábel”

O Bloque reitera o seu “total e rotundo apoio” ao persoal de Vitrasa que onte se volveu mobilizar diante da falla de avances na negociación do novo convenio colectivo

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG insta a Caballero a esixirlle a VITRASA o desbloqueo da negociación do convenio e a recuperación de 250 frecuencias suprimidas

A fronte nacionalista urxe o Goberno municipal a abandonar a súa complicidade coa empresa e a actuar xa para evitar a reactivación do conflito que xa provocou unha longa folga indefinida

Xabier P. Igrexas: “Sería unha verdadeira tomadura de pelo que o Concello de Vigo lle entregue outros 12 millóns de euros como indemnización mentres VITRASA insiste en impoñer o empobrecemento do seu persoal e mentres a veciñanza seguimos a padecer un servizo recortado e precarizado”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo advirte que a suspensión do folga non é “carta branca para a impunidade” de Vitrasa

A fronte nacionalista esixe que o Goberno municipal abandone a complicidade coa dirección da empresa concesionaria e actúe fronte aos seus reiterados e graves incumprimentos

Xabier P. Igrexas:  “O BNG imos seguir a defender xunto a unha amplísima maioría social que Vigo teña un servizo de bus á altura dunha urbe de 300 mil habitantes e a maior cidade do noso País”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, apoia unha mobilización do persoal de Vitrasa en folga

O BNG de Vigo denuncia que nada se sabe sobre a presunta indemnización a Vitrasa anunciada por Caballero

A fronte nacionalista advirte de que o suposto reequilibrio económico da concesión de bus urbano non pode ser un cheque para salvar a conta de resultados da empresa nin para unha saída en falso do conflito aberto hai máis de dous anos

Pregunta ao alcalde cando vai convocar unha xuntanza entre a dirección de Vitrasa e o Comité de Empresa, como propuxo o Bloque, despois da “farsa” da mediación no AGA

Xabier P. Igrexas: "Caballero ten que deixar de actuar como se fose un executivo de Vitrasa, insultando os traballadores e traballadoras, e implicarse na busca dunha solución”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo pide que unha nova indemnización a Vitrasa non sexa “un cheque millonario para unha saída en falso”

A fronte nacionalista lembra que o Concello xa indemnizou á concesionaria con case 6 millóns polas reducións de servizo durante a pandemia e lle “agasallou” unha prórroga de 5 anos

Demandan que o Alcalde, ademais de pedir a desconvocatoria da folga indefinida, esixa a Vitrasa a retirada das sancións pola folga contra varios traballadores/as e membros do Comité de Empresa e a fin da represión antisindical

Xabier P. Igrexas: “O persoal de Vitrasa non leva máis de 2 anos mobilizándose para que Caballero rescate co diñeiro de todas e todos a conta de resultados da empresa. Ou se melloran as condicións laborais e de servizo ou o conflito moi probabelmente continuará”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo defende a remunicipalización e un novo modelo de bus urbano fronte á enquisa farsa de Caballero

A fronte nacionalista acusa o Goberno municipal de “simular” que actúa ante os problemas do transporte urbano, cando o único que fixo nestes anos foi “empeorar gravemente” as condicións do servizo

Xabier P. Igrexas: “As moitas deficiencias e insuficiencias de Vitrasa non se van resolver cunha cortina de fume de 320 mil euros para un estudo do que apenas nada coñecemos”

Ler novas
Novas
Encontro Veciñal BNG Vigo 09_05 (4)

O BNG urxe convocar o Consello de Transportes do Concello para poñer fin á “situación límite” do bus en Vigo

A fronte nacionalista chama a reunir o máximo órgano municipal para acordar unha saída ao problema en Vitrasa e reverter a “precarización” do servizo, diante dos “graves prexuízos” que padece a veciñanza

Responsabiliza Abel Caballero do conflito pola súa “descarada complicidade cos reiterados incumprimentos” da empresa, tanto da concesión como das obrigas co persoal

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten actuar xa para resolver esta situación nun servizo de titularidade do Concello e absolutamente esencial para as viguesas e vigueses”

Ler novas