Imprimir

O BNG demanda que se axilicen as obras da Gran Vía e un plan para evitar o caos de tráfico no inicio de curso

BNG Vigo | 13 de agosto de 2019

[Imaxe: Metropolitano.gal]
[Imaxe: Metropolitano.gal]
  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denunciou a escasa presenza de persoal traballando e a grave conxestión de tránsito nas rúas adxacentes en pleno mes de agosto.

O BNG de Vigo expresou esta mañá a súa “enorme preocupación” pola situación derivada das obras na Gran Vía, iniciadas hai poucas semanas. O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denunciou a escasa presenza de persoal traballando nas obras e a conxestión de tráfico que padecen as rúas adxacentes.

“Estamos vendo como nas obras hai en moitos momentos apenas 2 ou 3 operarios traballando e ás veces inda menos”, advertiu. Emporiso, Igrexas demandou que o Concello supervise o desenvolvemento das obras para asegurar o cumprimento de prego de condicións e que a empresa adxudicataria conta co persoal necesario para realizalas “en tempo e forma”. O edil sinalou que os prazos previstos xa son moi extensos e que cómpre axilizar os traballos para o desbloqueo dunha das principais arterias da cidade.

O voceiro nacionalista fíxose eco das crecentes queixas cidadás a respeito dos efectos que o corte da Gran Vía está a producir. Nese sentido, afirmou as rúas adxacentes padecen unha grave conxestión, con retencións fóra de horas punta. “Se en pleno mes de agosto o tráfico está así, co inicio do curso que provocará máis desprazamentos en coche e máis buses, a situación pode tornarse caótica”, alertou.

Igrexas demanda que o Goberno municipal se poña “desde xa” a preparar un plan de continxencia para evitar o caos circulatorio a partir de setembro, despois de comprobar que a actual reordenación do tráfico non funciona.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/goberno-local/bng-demanda-axilicen-obras-da-gran-via-plan-evitar-caos-trafico-inicio-curso/20190813165325004256.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Vigo

Bloque Nacionalista Galego de Vigo

Rúa Celso Emilio Ferreiro 3, baixo
36203, Vigo (GALIZA)
Teléfono: 986447300
Correo: vigo.cidade@bng.gal 

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr