O BNG levará o rexeitamento á incautación dos remanentes do Concello de Vigo ao Pleno
Xabier P. Igrexas: “A moción do BNG vaille dar a oportunidade a Abel Caballero de escoller entre defender os intereses da cidade ou seguir a exercer de fontaneiro de Ferraz e da Moncloa na FEMP”
A fronte nacionalista oponse radicalmente ao intento de incautación dos remanentes municipais por parte do Ministerio de Facenda e reclama a derrogación da Lei Montoro.