Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde, BNG, no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo acusa a Caballero de perpetuar o ‘aquí mando yo’ negándose a facilitar a participación cidadá

A fronte nacionalista lamenta que os votos socialistas tombaran no Pleno a súa moción con medidas para promover o diálogo social e a transparencia no Concello, como elaborar orzamentos participativos, crear Consellos Veciñais ou permitir a intervención de asociacións e colectivos nas sesións plenarias

Denuncia a “represión” do Goberno de Caballero contra os movementos sociais para silenciar as críticas: “Teiman en tachar de AntiVigo a calquera que pensa diferente”

Xabier P. Igrexas: “A voz das viguesas e vigueses ten que ser escoitada todos os días do ano e permitir a súa participación na toma de decisións dos principais asuntos da cidade”

Ler novas
Antiga estación de autobuses

O BNG de Vigo demanda que Concello e Xunta cooperen para converter a antiga estación de bus nun espazo de “utilidade social” para a veciñanza

A fronte nacionalista propón recuperala para usos de carácter veciñal, cultural e social e tamén para instalar un aparcamento disuasorio

Rexeitan as pretensións do Goberno municipal e Xunta de a converter nun “xardín encaixado entre novos viais de tráfico” ou no arquivo da Cidade da Xustiza

Xabier P. Igrexas: “Temos a oportunidade de recuperar ese espazo para atender as necesidades da veciñanza”

Ler novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG defenderá no Pleno de Vigo maior participación cidadá fronte á “xordeira autoritaria” de Abel Caballero

A fronte nacionalista traslada unha moción cunha ampla batería de medidas para promover o diálogo social e unha xestión transparente no Concello de Vigo

Elaborar orzamentos participativos, crear Consellos Veciñais ou permitir a intervención de asociacións e colectivos nas sesións plenarias, entre as propostas do Bloque

Xabier P. Igrexas: “O BNG defendemos a necesidade de poñer fin a esta política do aquí mando yo do alcalde, como primeiro paso para devolver o Concello á veciñanza de Vigo”

Ler novas
Ana Martínez_concelleira do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda elaborar unha Estratexia Local para a Abolición da Prostitución

A fronte nacionalista chama a despregar medidas de apoio e atención para as mulleres prostituídas, actuacións en contra do proxenetismo e do consumo de prostitución e campañas de sensibilización e concienciación

Ana Martínez: “Todas as administracións, incluído o Concello de Vigo, teñen que traballar con firmeza para a erradicación da explotación sexual na nosa cidade”

Ler novas
Xabier P Igrexas_Portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para aprobar un novo PXOM "ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre"

A fronte nacionalista esixe transparencia sobre a tramitación final do novo Plan Xeral coa comparecencia da equipa redactora e facendo públicos de maneira accesíbel todos os cambios aplicados sobre o documento inicial

Xabier P. Igrexas: “Non hai precedentes dunha xestión tan escura e tan pouco participativa dun planeamento urbanístico en toda a historia da cidade de Vigo”

Ler novas
As deputadas do BNG Alexandra Fernández e Cristina Fernández reunidas con Anpas de Vigo

O BNG reclama á Xunta unha rectificación urxente dos recortes de docentes na educación pública de Vigo

A fronte nacionalista denuncia a supresión de profesorado e de especialistas para atender ás crianzas con necesidades específicas de apoio educativo, despois de manter un encontro con representantes de Anpas da cidade

Alexandra Fernández: “O PP quere converter en norma que haxa nenas e nenos que queden excluídos do sistema educativo por falta de apoio”

Ler novas
Xabier P Igrexas reunido coa Favec e con veciñanza afectada pola gasolineira do Pontillón

O BNG de Vigo pide prohibir a instalación de gasolineiras a menos de 250 metros de vivendas

A fronte nacionalista insiste na suspensión da licenza para unha gasolineira na Baixada ao Pontillón, a escasos metros do parque de Castrelos e do río Lagares, despois de manter unha xuntanza coa Favec e veciñanza do Freixeiro afectada

Xabier P. Igrexas: “A concelleira de Urbanismo non respondeu aínda ás enormes dúbidas legais desta gasolineira proxectada nunha parcela rústica e afectada por un PERI”

Ler novas