Novas
Campaña ultraespañolista nunha parada de bus en García Barbón

O BNG de Vigo esixe a retirada nos soportes publicitarios da cidade da campaña ultraespañolista que reivindica como “santa e heroica” a conquista de América

A Asociación Católica de Propagandistas instalou, co gallo do “Día da Hispanidade”, carteis en marquesiñas de autobús da cidade negando o xenocidio e dominación colonial que provocou a conquista a conquista de América

Xabier P. Igrexas: “Presentar como ‘heroes e santos’ os responsábeis dun réxime de dominación violenta ao servizo da monarquía española, que provocoua morte de 9 de cada 10 indíxenas e millóns de persoas escravizadas, atenta contra a defensa dos máis elementais dereitos humanos”

Ler novas
Protesta veciñal pola recuperación de Toralla

Goberno acorda co BNG traballar para que a Illa de Toralla sexa de acceso público

O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de darlle a razón á organización nacionalista nas súas exixencias para o cumprimento da lei e garantir o tránsito público

Carme da Silva: “Estaremos vixiantes para que se garanta a libre circulación das persoas e asegurando o acceso público a liña costeira”

Xabier P. Igrexas:  “As viguesas e vigueses non vamos aceptar que continúe a ser o couto VIP duns poucos incumprindo a lei"

Ler novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG reivindica a cooperación metropolitana de Vigo fronte ao boicot do PP e a impotencia do PSOE

A fronte nacionalista denuncia que a Mancomunidade da Área Intermunicipal, que celebrou este mércores un Pleno case clandestino, está en "situación de coma profundo" sen ningún servizo mancomunado en 32 anos de existencia

Xabier P. Igrexas: “O futuro de Vigo non pasa por seguir con ese hiperlocalismo cutre, senón por exercer como maior cidade galega liderando a nosa realidade metropolitana”

Ler novas
Estado de abandono na Praza do Balado

O BNG de Vigo denuncia o estado de abandono da praza do Balado tras un ano coas obras paralizadas

A fronte nacionalista pide ao Goberno municipal que aclare se recibiu o informe de Patrimonio, pola aparición de restos arqueolóxicos, e coñecer cando se van retomar os traballos de humanización

Xabier P. Igrexas: “Un exemplo máis da política de grandes titulares de Caballero, que unha vez marchan os focos da propaganda o que queda é a escuridade do abandono”

Ler novas
Xabier P. Igrexas coa bandeira da Palestina

O BNG afea o “indigno silencio institucional” do Concello de Vigo diante do xenocidio na Palestina

A fronte nacionalista volve reclamar nun escrito ao alcalde unha declaración institucional, pendurar a bandeira palestina no consistorio e unha liña de axudas humanitarias, en solidariedade coas miles de vítimas da ofensiva militar de Israel iniciada hai un ano

Critica os vetos de PSOE e PP ás iniciativas do Bloque e de entidades sociais na cidade

Xabier P. Igrexas: “A indiferenza perante un xenocidio é complicidade, polo que urxen accións que secunden o masivo clamor social que existe en Vigo fronte a este masacre”

Ler novas

O BNG reclama a cesión para alugueiro social das 318 vivendas baleiras en Vigo de entidades financeiras

A fronte nacionalista urxe o Goberno municipal a actuar dunha vez diante do aumento dun 30% nos prezos alugueiros no último lustro, cun custo medio por riba dos 634 euros

Xabier P. Igrexas: “É unha demostración máis da falla de vontade e da impotencia de Abel Caballero á hora de despregar políticas fronte ao gravísimo problema da vivenda”

Ler novas