Novas
Barrio do Cura

O BNG de Vigo pide que se estude suspender as licenzas do Barrio do Cura tras a anulación xudicial do proxecto de urbanización

A fronte nacionalista demanda que a Secretaría Xeral do Concello emita un informe sobre as consecuencias da sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo

Xabier P. Igrexas: “Como denunciamos o BNG desde o minuto un, o desenvolvemento do Barrio do Cura é un exemplo tan groso como preocupante do urbanismo á carta que practica Abel Caballero”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide que a política de vivenda do Concello non se reduza a un "proxecto piloto"

A fronte nacionalista interpela o Goberno de Abel Caballero sobre o ‘proxecto piloto de intermediación para alugar vivendas sociais’, anunciado en 2023 após o tráxico incendio da rúa Afonso X e as persoas desaloxadas da rúa Fisterra, sen obter ningunha resposta

Xabier P. Igrexas: “Non pode ser unha medida puntual nin un xesto propagandístico, ten que ser o primeiro paso para despregar políticas que faciliten o acceso social á vivenda”

Ler novas
Gonzalo Pérez e Maribel Tato da Libraría Cartabón, manifestación do Comité de Vitrasa e a escritora María Reimóndez

O BNG propón o Comité de Vitrasa, a escritora María Reimóndez e a Libraría Cartabón como Viguesas/es Distinguidas/os 2024

A fronte nacionalista pide recoñecer a loita do persoal de bus urbano por ser “parte do ADN de Vigo” como cidade reivindicativa, o papel dunha muller referente da literatura galega e o traballo deste establecemento do Calvario como espazo potenciador da cultura

Xabier P. Igrexas: “Estas distincións teñen que ser reflexo da diversidade e pluralidade da cidade, poñendo fin a súa utilización autoritaria por parte do Goberno de Abel Caballero”

Ler novas

O BNG de Vigo propón iniciar o proceso de remunicipalización dos servizos de auga e bus urbano

A fronte nacionalista demanda que se realice unha auditoría das actuais concesións, que se poña en marcha unha comisión de estudo e se constitúa Empresa Pública Municipal de Servizos

Xabier P. Igrexas: “O 2025 é un ano chave e unha grande oportunidade para a cidade, porque rematarán ás prórrogas das concesións de Aqualia e Vitrasa, para poder poñermos baixo xestión pública servizos públicos de carácter esencial”

Ler novas

O BNG de Vigo esíxelle a Caballero que actúe para que Vitrasa recupere a totalidade das frecuencias de bus

A fronte nacionalista denuncia que unha vez concluída a folga indefinida e retirados os servizos mínimos a empresa concesionaria mantén recortes que afectan a un total de 15 liñas

Urxen o Goberno municipal a actuar, con todos os medios legais, para obrigar a Vitrasa a rectificar e garantir os servizos ordinarios na súa totalidade

Xabier P. Igrexas: “Que rematada a folga non se recuperen todos os horarios e frecuencias ordinarias é unha nova tomadura de pelo por parte de Vitrasa que insiste en precarizar un servizo de carácter esencial para millares de viguesas e vigueses”

Ler novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa

O BNG de Vigo destapa as mentiras de Abel Caballero sobre o reequilibrio de Vitrasa: nin era inminente nin vai resolver o conflito

A fronte nacionalista revela que a nova indemnización á concesionaria de bus urbano está nun punto morto e “dificilmente” se poderá materializar antes do verán porque non hai partida orzamentaria e o importe terá que ser recalculado

Denuncia o proceder “autoritario e antidemocrático” do Goberno local por ocultar ao BNG este expediente durante 102 días até o ultimato nacionalista do pasado xoves

Xabier P. Igrexas: “Cando o alcalde presentou o reequilibrio da concesión como a solución ao conflito mentiu deliberadamente ao persoal de Vitrasa e á veciñanza de Vigo”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo advirte que a suspensión do folga non é “carta branca para a impunidade” de Vitrasa

A fronte nacionalista esixe que o Goberno municipal abandone a complicidade coa dirección da empresa concesionaria e actúe fronte aos seus reiterados e graves incumprimentos

Xabier P. Igrexas:  “O BNG imos seguir a defender xunto a unha amplísima maioría social que Vigo teña un servizo de bus á altura dunha urbe de 300 mil habitantes e a maior cidade do noso País”

Ler novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo lanza un ultimato de 24 horas a Caballero: iniciará accións xudiciais se insiste en vetar o acceso ao expediente do reequilibrio de Vitrasa

A fronte nacionalista denuncia que o Goberno municipal denegou de maneira “ilegal” en dúas ocasións a consulta dos informes sobre a concesión de bus urbano: “Que ten que esconder o alcalde?”

Xabier P. Igrexas: “Ningunha maioría absoluta, por lexítima que sexa, pode supoñer o atropelo dos dereitos democráticos nin moito menos impedir o exercicio de dereitos fundamentais de representantes electos das viguesas e vigueses”

Ler novas