Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG chama a reformar o Regulamento de Distincións do Concello de Vigo para garantir a súa pluralidade

A fronte nacionalista pide actualizar o documento, de 1981, para evitar a “devaluación” dos últimos anos polos “vetos sectarios e a imposición absolutista” de Abel Caballero

Solicita incorporar mecanismos que permitan a participación da cidadanía e do tecido social na designación destes recoñecementos, como sucede noutras urbes galegas

Xabier P. Igrexas: “O actual Goberno municipal non entende que a cidade é plural e diversa e non cabe nas costuras da súa temporal maioría absoluta no Pleno”

Ler novas
stellantis

O BNG pide rectificar o deseño do PERTE do vehículo eléctrico e conectado para deixar de excluír a automoción de Vigo

Carme da Silva pide ao Goberno central a cogobernanza na xestión dos fondos europeos e a inclusión de proxectos industriais galegos no PERTE do VEC

Xabier P. Igrexas subliña o “carácter estratéxico da automoción viguesa que é un tractor fundamental da economía produtiva do conxunto de Galiza e que en Vigo e na súa área representa preto de 15 mil postos de traballo”

Ler novas
O grupo municipal do BNG de Vigo con Elsa Quintas, unha das relatoras vetadas, no Pleno municipal

O BNG de Vigo esixe que o PP rectifique o veto na Deputación a catro relatoras que apoiaron a candidatura nacionalista

A fronte nacionalista denuncia no Pleno municipal a exclusión de Montse Fajardo, Mercedes Queixas, Elsa Quintas e Chus López Escudeiro do proxecto ‘Aquí faltan páxinas’ só dous días despois das eleccións ao Parlamento de Galiza

Xabier P. Igrexas: “Señoras e señores do PP, se lles queda algo de decencia democrática pidan desculpas e retiren esta censura política na Deputación”

Ler novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, apoiando unha manifestación do persoal de Vitrasa

O BNG esixe transparencia a Caballero sobre o reequilibrio de Vitrasa e que actúe xa ante a ruptura das negociacións

Tras a confirmación da non emisión de informe pola Oficina Nacional de Avaliación e de teren coñecemento de que o Goberno municipal está a tramitar “ás agachadas” unha nova indemnización a Vitrasa, por menos da metade do importe solicitado pola empresa, a fronte nacionalista solicita a convocatoria urxente dunha Comisión Informativa de Fomento e Servizos

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, urxe o alcalde a convocar “hoxe mesmo” a sindicatos e dirección de Vitrasa para iniciar unha verdadeira negociación que desbloquee o conflito, e demanda abrir un expediente sancionador contra os “graves incumprimentos” da empresa
Ler novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, xunto a concelleira Ana Martínez e o concelleiro Filipe Abalde no Pleno de Vigo [Arquivo]

O BNG retrata no Pleno de Vigo a falla de xestión de Caballero por deixar 112 millóns sen gastar en 2023

A fronte nacionalista afea a continuada inexecución dos orzamentos do Concello por parte do Goberno local, que promete e anuncia as mesmas actuacións exercicio tras exercicio

Lamenta o voto en contra do grupo socialista ás 15 medidas propostas polo Bloque para destinar 100 millóns dos remanentes a atender as necesidades reais da cidade

Xabier P. Igrexas: “Non é aforro nin eficencia, falamos de 112 millóns de euros das viguesas e vigueses en promesas incumpridas que non retornan en forma de servizos”

¬ Critica o sectarismo do PSOE por impedir o debate dunha moción de urxencia polas represalias do PP na Deputación contra catro relatoras que apoiaron o BNG este 18F

Ler novas