O BNG de Vigo alerta de que o “chalaneo” de Caballero co concerto de Guns N’ Roses pode saírlle moi caro á cidade
A fronte nacionalista lamenta que “á falla de explicacións e depuración de responsabilidades políticas” polo escándalo do frustrado patrocinio publicitario se engada agora o risco de ter que indemnizar á promotora após se admitir a súa demanda xudicial contra o Concello
Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero inda non aclarou que compromisos atinxiu na reunión que el en persoa mantivo cos máximos directivos da promotora do concerto días antes do envío dunha carta de interese prometéndolles case 2 millóns de euros”
¬VITRASA: O portavoz municipal do BNG esixe a dimisión de Carlos Font despois das gravísimas declaracións nas que acusou de “violentos” ao Comité de Empresa e ao persoal en folga no servizo de bus urbano