Novas
Encontro do BNG de Vigo con representantes do comercio local

O BNG propón un Bono Consumo en Vigo para incentivar o comercio local

O candidato nacionalista chama a poñer en marcha unha plataforma de venda en liña e declarar unha moratoria de dez anos para novas licenzas de grandes áreas comerciais, durante un encontro con representantes do comercio da cidade

Xabier P. Igrexas: “No BNG apostamos por un comercio que dinamiza os barrios e crea emprego estábel fronte a ese modelo fracasado de grandes superficies”

Ler novas
Encontro do BNG coa Mancomunidade Montes de Vigo

Xabier P. Igrexas: "Non podemos ter os montes de Vigo, o noso grande pulmón verde, con respiración asistida”

O candidato do BNG á Alcaldía trasladou o compromiso de duplicar os recursos municipais para “alargar a protección, valorización e uso social” dos montes en man común, após manter un encontro coa Mancomunidade de Montes de Vigo

Igrexas defende actuar con urxencia diante da situación de emerxencia climática e lamentou que “non teñamos aprendido nada da brutal vaga de lumes de 2017”

Ler novas
Encontro Política Social do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide triplicar o persoal dos servizos sociais para rematar co “colapso”

A fronte nacionalista defende nun encontro con colectivos sociais un incremento dos recursos diante da “inxustificábel e indecente precariedade” que padecen pola falla de medios e persoal, con demoras de máis dun mes

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “Ten que haber un compromiso real para facer do Concello de Vigo un parapeto social para que ninguén quede atrás, iso é humanizar de verdade unha cidade”

Ler novas

O BNG propón recuperar o cine Fraga para convertelo no grande Teatro Municipal de Vigo

O candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo chama a despregar políticas culturais que “humanicen de verdade a cidade” dando unha nova vida a este espazo emblemático no corazón de Vigo tras máis de dúas décadas pechado

Xabier P. Igrexas: “Un proxecto que permitirá desenvolver o enorme talento artístico que latexa en Vigo e a grande potencia das artes escénicas na maior cidade de Galiza”

Ler novas

O BNG de Vigo propón ampliar os servizos e programas para garantir unha vellez “digna e activa”

O candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo defende un maior apoio aos coidados das persoas maiores, con políticas que combatan a soidade e dean oportunidades de lecer

Entre as medidas destaca o aumento do SAF, máis recursos para actividades nos centros culturais e veciñais, e crear novos centros de día, residencias públicas e pisos compartidos

Xabier P. Igrexas: “Nunha cidade con millares de persoas vivindo soas, o BNG cremos que o Concello de Vigo debe facer moito máis que unha enquisa moi cara e da que aínda non coñecemos os seus resultados”

Ler novas

Xabier P. Igrexas chama á mocidade de Vigo a “non conformarse con máis do mesmo e a protagonizar un tempo novo na cidade”

O BNG aposta por reverter o “total desmantelamento da política xuvenil” en Vigo creando oportunidades para que “a xente moza deixe de ter que escoller entre desemprego, precariedade ou emigración”

O candidato á Alcaldía apelou a sumarse á alternativa en positivo das nacionalistas para conquistar o Vigo do futuro: “Para o BNG non sodes figurantes para un selfie simpático”

Ler novas
Acto Público do BNG Vigo en Bembrive

O BNG comprométese a retirar os proxectos de viais que ameazan con tronzar o rural de Vigo

O candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo asegura nun acto público en Bembrive que un Bloque “determinante” no Concello a partir do 28 de maio será garantía dun “rotundo non” á PO-010 e ao proxecto de nova A-52

Xabier P. Igrexas: “A veciñanza das parroquias non son viguesas e vigueses de segunda, e o noso compromiso é poñer fin ao abandono que padecen desde hai demasiados anos”

Roberto Fernández Vila, candidato pedáneo: “É hora dun cambio nunha Entidade Local Menor marcada por unha xestión nefasta e envolta en sucesivos casos de corrupción”

Ler novas
Ana Pontón e Xabier P. Igrexas no Calvario (Vigo)

Ana Pontón converte o acceso á vivenda nunha prioridade para o BNG en Vigo

A portavoz nacional do BNG propón crear un Banco galego de vivenda para xestionar as vivendas baleiras e fomentar o seu aluguer a prezos asumibles pola maioría, fronte ao PP que “dinamitou” a política de vivenda pública

O candidato á Alcaldía de Vigo aposta por despregar “unha enérxica política de acceso á vivenda”, porque non pode ser un luxo poder vivir na túa propia cidade

Xabier P. Igrexas: “Con 18.500 vivendas baleiras en Vigo non podemos seguir expulsando da cidade a moitas familias traballadoras e á mocidade que, literalmente, non se poden permitir o luxo de vivir na súa propia cidade”

Ler novas

O BNG defende un Vigo referente no benestar animal

A fronte nacionalista mantén un encontro con organizacións animalistas para trasladar as súas propostas: elaborar unha Ordenanza Municipal de Protección Animal, poñer fin ao modelo exhibicionista de VigoZoo e ampliar o refuxio da Madroa, entre outras

Xabier P. Igrexas: “O aumento da sensibilidade ambiental e da conciencia ecolóxica entre a veciñanza de Vigo ten que traducirse en medidas contra o maltrato animal e na defensa do benestar animal”

Ler novas

O BNG presenta 50 medidas para facer das políticas feministas unha prioridade no Concello de Vigo

A fronte nacionalista comprométese a recoller a consigna das masivas mobilizacións feministas para “pasar dos discursos aos feitos” con máis medios e actuacións concretas

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “Un BNG determinante a partir do 28M seremos a garantía de que Vigo volva ser un referente en políticas de igualdade máis alá do retórico”

Ana Martínez, candidata nº2: “Propoñemos duplicar, desde xa, os recursos que o Concello destina a políticas de igualdade e dotar de máis persoal e medios a concellaría”

Elsa Quintas, candidata nº4: “A política municipal debe centrarse en combater a violencia machista de forma preferente”

Ler novas