Novas
O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, presentando as bases programáticas

O BNG de Vigo presenta as bases do seu programa aberto e participativo cara as eleccións municipais

A fronte nacionalista chama a participar na elaboración da súa alternativa para construír un Vigo máis habitábel e verde, igualitario e socialmente xusto, que recupere o seu papel como pulmón industrial, como vangarda da creación cultural e motor de todo un País

Habilita un espazo na súa páxina web para que a veciñanza poida realizar propostas e invita a trasladalas tamén nas redes sociais baixo o cancelo #IdeasVigo

Xabier P. Igrexas: “Queremos elaborar o noso programa do mesmo xeito que defendemos que se debe gobernar esta cidade: escoitando e dialogando de maneira permanente”

Ler novas

🗳️ 28M Eleccións Municipais 2023

O BNG queremos elaborar o noso programa electoral do mesmo xeito que defendemos que se debe gobernar esta cidade: escoitando e dialogando de maneira permanente. 

Coas túas ideas e propostas seremos quen de levar

#VigoMáisAlá

Ler novas
Foto xuntanza BNG Vigo Comité Vitrasa  15_02

O BNG de Vigo esixe a Abel Caballero que deixe de ser “cómplice da piratería empresarial” de Vitrasa

A fronte nacionalista acusa ao Goberno municipal de consentir que a concesionaria do bus urbano preste menos servizo que en 2019, malia incrementar o prezo do billete e manter a subvención de 13 millóns do Concello

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo trasladou o total respaldo ás reivindicacións do persoal, tras manter unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa

Xabier P. Igrexas: “Un goberno que se di progresista ten que defender o dereito das traballadoras/es e a calidade deste servizo público que é de titularidade municipal”

Ler novas
Antiga factoría de Conservas Bernardo Alfageme

O BNG de Vigo reclama que os beneficios da parcela de Alfageme se destinen ao pago da débeda co antigo persoal

A fronte nacionalista demanda garantir o cumprimento do acordo plenario unánime de 2010 que recoñecía o dereito das extraballadoras/es ao cobro das indemnizacións pendentes coas plusvalías xeradas co desenvolvemento urbanístico da antiga factoría

Xabier P. Igrexas: "Non queremos pensar que Abel Caballero queira deixar tirado ao persoal da conserveira, polo que o Concello non pode permitir un goloso pelotazo para uns poucos"

Ler novas
[Imaxe-@zonavigocentro]

O BNG de Vigo urxe a retirada do alumeado de nadal das árbores

A fronte nacionalista critica o “desleixo e desprezo arboricida” do Goberno municipal por manter as luces instaladas un mes despois do seu apagado

Xabier P. Igrexas: “A piques de encetar o entroido, Abel Caballero continúa estrangulando as árbores da cidade co seu alumeado de nadal”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Montse Prado e Carmela González

O BNG chama ás viguesas a “pararlle os pés” á política sanitaria do PP participando na manifestación do 12F en Compostela

A fronte nacionalista anima a toda a veciñanza de Vigo e da súa área sanitaria a sumarse á manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública este domingo sob o lema “Queremos a nosa atención primaria! Na defensa e mellora da sanidade pública”.

Montse Prado: “Hai alternativas e temos que forzar á Xunta do PP a rectificar as políticas coas que poñen en xogo a saúde e a vida das galegas e dos galegos”.

Xabier P. Igrexas: “Vigo fomos o banco de probas das nefastas políticas coas que o PP, a golpe de recortes e privatizacións, provocou un verdadeiro desastre sanitario en toda Galiza”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo aposta por unha alternativa integral de Zona de Baixas Emisións fronte ao modelo de sancións de Caballero

A fronte nacionalista propón facer de toda a cidade unha ZBE co obxectivo de reducir o uso do vehículo privado, con alternativas que pasen por unha mellora do transporte público e pola promoción do tránsito peonil, en bicicleta e vehículos de mobilidade persoal

Rexeita o proxecto do Goberno municipal de "importar unha mala copia do Madrid Central" que penaliza e discrimina ámbitos e persoas en función do tipo de vehículo

Xabier P. Igrexas: "Non se trata de cambiar coches de combustión por eléctricos nalgunhas zonas con prohibicións, senón de reducir o tráfico no conxunto da cidade"

Ler novas