Novas
Carmela González, deputada do BNG no Parlamento, e Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG critica a inacción da Xunta diante das denuncias veciñais en Matamá pola contaminación de Stellantis

A fronte nacionalista reclama ao Goberno galego que garanta o “cumprimento da legalidade medioambiental” diante das queixas polos cheiros e ruídos da factoría viguesa

Carmela González: “Pasaron 20 anos sen que os Gobernos galego, español e municipal tomasen ningunha medida malia as graves consecuencias desta contaminación”

Xabier P. Igrexas: “É inexplicábel que a estas alturas, cando xa hai solucións técnicas, a veciñanza de Matamá siga padecendo estas molestias e efectos sobre a saúde”
Ler novas
O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa con Néstor Rego, Rosana Pérez e cargos do BNG do sur da provincia

O BNG urxe unha ofensiva do Concello para frear os proxectos de eólica mariña ás portas da ría de Vigo

A fronte nacionalista solicita a convocatoria extraordinaria do Consello Social da Cidade para dar unha resposta unitaria en contra dos parques Volanteiro e Celta II

Xabier P. Igrexas: “Esiximos ao goberno de Abel Caballero que non se pregue aos ditados de Moncloa e Ferraz e rexeite esta agresión ambiental a 50 quilómetros das Illas Cíes que só beneficia ás grandes eléctricas”

Ler novas
Primeiro tramo da candidatura do BNG de Vigo

O BNG confía nunha candidatura “plural, comprometida e feminista” para levar Vigo máis alá

A fronte nacionalista presenta os dez primeiros postos da súa candidatura cara as eleccións municipais cunha lista paritaria, renovada e cunha idade media de 47 anos

Unha alternativa “solvente, rigorosa, construtiva e en positivo” con mulleres e homes de perfís diversos que formarán o futuro grupo municipal do BNG no Concello

Xabier P. Igrexas: “Imos ser capaces entre todas e todos de sumar a moitos millares de viguesas e vigueses que saben e senten que Vigo merece máis”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda naturalizar con arboredo a Porta do Sol

A fronte nacionalista reclama ao Goberno municipal que non condene o quilómetro cero da cidade a un “ermo gris onde o único mobiliario son macroterrazas privadas da hostalaría”

Xabier P. Igrexas: “Temos a oportunidade de dotar o centro dun grande espazo público para o xogo seguro das crianzas, o lecer das persoas maiores e o desfrute das viguesas e vigueses”

Ler novas
Carmela González, deputada do BNG no Parlamento galego

O BNG denuncia no Parlamento os numerosos sobrecustos e deficiencias da nova Cidade da Xustiza de Vigo

A deputada nacionalista, Carmela González, critica os sobrecustos “de máis do 30% do orzamento inicial en cada unha das fases de demolición e construción” cifrados en 10,6 millóns de euros e 400.000 para a súa iluminación exterior

Afea tamén a “falta de espazo axeitado” en dependencias como a do persoal funcionario, as salas de vistas ou o arquivo, que só poderá acoller 30.000 dos 100.000 expedientes depositados nos antigos xulgados, entre outras deficiencias

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo, no Pleno municipal

O BNG de Vigo cualifica de “estafa piramidal” ao goberno de Caballero por deixar sen gastar 152 millóns en 2022

O concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas, denuncia no Pleno que desde 2019 quedaron sen executar máis de 436 millóns, “o equivalente a ter o Concello pechado sen ningún servizo dous anos”

Reprocha o “talante autoritario” do alcalde por negar outra vez a palabra á veciñanza presente na sesión plenaria e acusala de ser ‘rebentadores da democracia’

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo, en rolda de prensa

O BNG de Vigo busca o apoio do Pleno para rexeitar dous parques de eólica mariña a 40 quilómetros das Illas Cíes

A fronte nacionalista formulará unha moción na que insta aos Gobernos municipal, galego e español a retirar estes proxectos polos seus impactos ambientais, sociais e económicos

Xabier P. Igrexas: “A aposta do BNG é por un modelo sustentábel, non podemos permitir que se queira avanzar no espolio dos nosos recursos co pretexto das enerxías verdes en beneficio grandes corporacións”

Ler novas