O BNG de Vigo acusa a Caballero de mentir sobre as pistas de atletismo de Balaídos para encubrir o seu abandono
Rexeita as «escusas» do Goberno municipal após a denuncia da fronte nacionalista pola situación insalubre das instalacións, cuxa titularidade e xestión corresponden ao Concello
Xabier P. Igrexas: «É unha rotunda falsidade que sexan supramunicipais, o concelleiro de Deportes pretende desentenderse así do estado lamentábel no que ten as pistas»