Novas
Montse Prado

O BNG cuestiona a venda de Povisa a unha nova multinacional e reclama adquirir o hospital para incorporalo na rede pública

A fronte nacionalista denuncia a complicidade da Xunta nesta operación “especulativa”, que convirte en “mercadoría” a atención de 130 mil persoas da área sanitaria de Vigo

Acusa ao Goberno galego do PP de engordar o negocio do centro privado, cuxa facturación depende nun 80% das inxeccións de cartos públicos

Montse Prado: “Todas as decisións tomadas foron na dirección de condicionar a prestación sanitaria pública para manter o concerto millonario con Povisa”

Ler novas
Xabier P. Igrexas no Pleno de Vigo

O BNG censura a negativa do goberno de Caballero a actuar para facilitar o acceso á vivenda en Vigo

Critica que o PSOE votara no Pleno en contra das medidas propostas pola fronte nacionalista a nivel local e só aprobara os compromisos para Xunta e Goberno español

Xabier P. Igrexas: «O Goberno municipal deixa claro con esta decisión que deserta das súas competencias en materia de vivenda e que non pensa facer nada para que vivir en Vigo deixe de ser un luxo inasequíbel para millares de persoas»

Ler novas
Xabier P. Igrexas

O BNG propón unha batería de medidas alternativas para reverter as graves dificultades de acceso á vivenda en Vigo

A fronte nacionalista rexistra unha moción ao Pleno na que reclama actuacións urxentes de Concello, Xunta e Goberno español para enfrontar un dos principais problemas sociais da cidade e diante da falla de respostas das distintas administracións.

Xabier P. Igrexas: «Abel Caballero presume de que Vigo é a mellor cidade para vivir, pero non fai nada para que vivir en Vigo deixe de ser un luxo inasequíbel para millares de persoas»

Sobre a remodelación do Goberno municipal, o BNG cualifica a decisión de «cambio de caras» e reitera a necesidade dunha rectificación das políticas de persoal e seguridade.

Ler novas
Xuntanza do BNG de Vigo coa AV Teis

O BNG de Vigo pide un novo convenio para a ETEA que garanta a titularidade municipal dos terreos e instalacións deportivas

A fronte nacionalista formula un voto particular fronte ao «disparate» defendido por Abel Caballero de desafectar e devolver a parcela e as instalacións deportivas á Zona Franca para pagar un canon anual de 130 mil euros

Xabier P. Igrexas: «Esta saída en falso vai supoñer un gravísimo prexuízo para a veciñanza, cando o Concello tiña que liderar a recuperación efectiva deste importante ámbito en Teis»

Ler novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG oponse a aumentar os canons que reciben as multinacionais propietarias do Hospital Álvaro Cunqueiro e pide o seu rescate

Montse Prado: “Os cartos públicos que teñen que ir destinados á sanidade pública non poden continuar indo a parar aos petos das grandes empresas multinacionais”

A fronte nacionalista rexistra no Parlamento galego iniciativas reclamando que se realice unha auditoría da xestión realizada pola concesionaria privada e volve demandar o rescate do HAC para convertelo nun hospital cento por cento público

Xabier P. Igrexas interpela á Delegada da Xunta: “Canto tempo máis vai seguir castigando o PP ás viguesas e vigueses? Canto tempo máis as políticas de recortes e privatizacións van seguir xogando coa saúde das persoas? Canto tempo máis imos ter que soportar o calote deste hospital privatizado?”

Ler novas

O BNG de Vigo propón destinar 12 millóns para un programa piloto de orzamentos participativos

A fronte nacionalista demanda que os vindeios presupostos municipais se elaboren con máis diálogo, transparencia e participación

Xabier P. Igrexas: «Non queremos que a decisión sobre como usar o diñeiro de todas as viguesas e vigueses se tome en función do capricho do alcalde ou do criterio do seu grupo de Goberno. VIgo merece uns orzamentos de toda a cidade e para toda a cidade»

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro BNG Vigo

O BNG de Vigo cualifica de «rotundamente insuficiente» a conxelación de taxas e pide unha fiscalidade municipal socialmente xusta

A fronte nacionalista anuncia unha ampla batería de emendas na tramitación das ordenanzas fiscais do 2023 para alargar as bonificacións e exencións as persoas e fogares con menores recursos e ao pequeno comercio.

Xabier P. Igrexas:«No actual contexto de crise, cunha inflación disparada que que coloca a moitos fogares da nosa cidade nunha situación límite, non abonda cunha conxelación. Temos que ir a unha verdadeira reforma fiscal que faga que quen menos ten, pague menos»

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide coñecer cantos bombeiros estiveron en activo cada xornada desde o 1 de xaneiro

A fronte nacionalista reitera que en todo o verán, desde xuño, non houbo unha só día no que a cidade dispuxese do mínimo de 20 bombeiros.

Xabier P. Igrexas:«Abel Caballero ten que dar a cara e dicirlle á cidadanía cantos días estiveron en perigo, nunha situación de indefensión absoluta, por causa da súa neglixencia e nefasta xestión do servizo de bombeiros»

Ler novas