Novas
Alexandra Fernández no Parlamento galego

O BNG urxe a posta en marcha do protocolo de submisión química contra as mulleres na área sanitaria de Vigo

A fronte nacionalista rexistra unha iniciativa no Parlamento galego para reclamar á Xunta que active este protocolo nun prazo máximo dun mes, após comprometerse en marzo a despregalo en toda Galiza

Alexandra Fernández: “As políticas contra a violencia machista son urxentes e requiren de feitos, non só de boas palabras e promesas que demoran no tempo e non se concretan”

Ler novas

O BNG de Vigo propón facer gratuíto o bus urbano para persoas desempregadas, perceptoras de axudas sociais e menores de 14 anos

A fronte nacionalista demanda facilitar o acceso a este servizo básico como medida de choque fronte á inflación, que disparou nun 20% os custos do transporte no último ano

Pide ampliar a cobertura do actual bono social diante da “insuficiente” bonificación anunciada polo alcalde a cargo dunha subvención estatal

Xabier P. Igrexas: “Temos que facer unha aposta estratéxica pola mobilidade colectiva, por ser a máis accesíbel en termos económicos e a máis sustentábel a nivel ambiental”

Ler novas
Xabier P Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo acusa a Caballero de continuar cos baldeos de rúas malia asegurar que levan dúas semanas suspendidos

A fronte nacionalista cualifica de “tomadura de pelo” as declaracións do alcalde sobre as medidas fronte a unha eventual seca e reclama os informes que acreditan o anunciado aforro de auga conseguido polas humanizacións

O Bloque reitera a necesidade de realizar unha auditoría integral da rede de subministro para minimizar as perdas, un plan de xestión racional e sustentábel da auga en chave comarcal e avanzar cara unha xestión pública da auga

Xabier P. Igrexas: “É intragábel que mentres se seguen regando beirarrúas con auga de beber, Abel Caballero teime en alternativas ambientalmente insustentábeis como novos transvasamentos ou encoros”

[Vídeos que demostran as mentiras do alcalde no interior da nota]

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo critica a negativa de Caballero a aclarar no Pleno que xestións realizou co Goberno español para que se investigue o naufraxio do Villa de Pitanxo

Afean a falla de resposta no Pleno á pregunta formulada pola fronte nacionalista sobre as actuacións, prometidas polo alcalde ás familias das vítimas, para reclamar que o Goberno español despregue unha operación subacuática para localizar o buque e obter probas.

Xabier P. Igrexas: “O silencio de Caballero e do seu Goberno é un desprezo intolerábel ás vítimas e as súas familias que non merecen este maltrato. Sen coñecermos completamente a verdade do que aconteceu non pode haber xustiza nin reparación”.

¬A fronte nacionalista denuncia tamén que o veto do PSOE impediu aprobar a moción na que demandaban mobilizar 15 millóns de euros para despregar un paquete de medidas co que enfrontar o agravamento da crise na cidade.

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG demandará no Pleno medidas urxentes do Concello fronte ao agravamento da crise en Vigo

A fronte nacionalista rexistra unha moción que reclama mobilizar 15 millóns de euros para constituír un “parapeto social” a nivel municipal ante o aumento da pobreza e a incapacidade dos Gobernos galego e español

Propón un aumento das partidas do Plan de Emprego e das axudas sociais, crear un programa municipal de distribución de alimentos e un bono de consumo no comercio local, reforzar o persoal dos servizos sociais, axustar as taxas e un parque público de vivendas

Xabier P. Igrexas: “Humanizar a cidade é poñer ás persoas no centro, facermos das necesidades sociais a verdadeira prioridade do Concello de Vigo”

Ler novas
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG de Vigo preguntará a Caballero que xestións realizou ante o Goberno español para que se investiguen as causas do naufraxio do Villa de Pitanxo

A fronte nacionalista rexistra unha pregunta ao Pleno para que o alcalde explique as actuacións feitas tras comprometerse coas familias das vítimas a trasladar persoalmente as súas demandas ao Executivo de Pedro Sánchez

Lembra que pasaron dous meses desde que a Corporación viguesa aprobou de forma unánime unha moción presentada polo BNG, a petición das afectadas, para esixir a baixada ao buque e obter probas que permitan clarificar o acontecido

Xabier P. Igrexas: “Queremos que Caballero aclare que conseguiu con ese acceso privilexiado á Moncloa do que sempre fachendea, porque o único que escoitamos por parte do Goberno español son escusas cada vez máis inconsistentes”

Ler novas
Árbore tallada nos xardíns de Montero Ríos

O BNG de Vigo denuncia a talla dunha árbore de gran porte nos xardíns de Montero Ríos feita pola Autoridade Portuaria

A fronte nacionalista esixe os informes técnicos que xustifican a retirada do exemplar e advirte da intención da entidade portuaria de realizar novas tallas neste espazo verde

Xabier P. Igrexas: "Non imos permitir que o señor Vázquez Almuiña se sume á brigada arboricida do leñador en xefe en forma de alcalde, Abel Caballero"

Ler novas