Novas
pleno c

O BNG de Vigo demanda unha elaboración participativa dos novos orzamentos municipais

A fronte nacionalista pide que se poñan en marcha mecanismos que permitan a participación directa da veciñanza e do tecido asociativo para definir as contas do vindeiro ano.

Xabier P. Igrexas: “Queremos uns orzamentos de toda a cidade e non só do capricho de Abel Caballero. É hora de que Vigo avance cara a uns orzamentos máis participativos e democráticos, que respondan en maior medida ás necesidades reais do conxunto da cidade”.

Ler novas
xpi02

O BNG de Vigo critica a “hibernación” do Consello Municipal de Lingua

A fronte nacionalista denuncia que o organismo consultivo fica paralizado desde outubro de 2019 despois do intento do Goberno local de excluír o BNG.

Xabier P. Igrexas: “Oxalá o Goberno de Caballero dedicase un 1% da enerxía, compromiso e recursos que destina a promover o inglés en Vigo, a apostar pola plena normalización do galego na principal cidade de Galiza”.

Ler novas
OBRAS

O BNG de Vigo pide a fin do “ordeno e mando” e reclama participación veciñal nas humanizacións

Consideran “absolutamente razoábeis” as demandas da veciñanza de Coruxo que onte paralizou as obras de humanización da rúa José Rivas ante a negativa do Goberno municipal de escoitar as súas propostas.

A fronte nacionalista demanda que a veciñanza poida participar de maneira directa no deseño dos proxectos e na supervisións das obras para garantir que se dá resposta ás necesidades reais dos barrios e parroquias da cidade.

Xabier P. Igrexas: “Non se pode gobernar negándose a escoitar, desde o unilateralismo constante e con tics autoritarios. A cidade temos que facela entre todos e entre todas”

Ler novas
pleno c

O BNG de Vigo critica que Elena Espinosa “non quixese dar a cara” e ínstalle a responder da súa responsabilidade na situación dos bombeiros

A fronte nacionalista denuncia que os reforzos anunciados nos últimos días polo Goberno local inda non se efectivizaron.

Xabier P. Igrexas: “Asistimos a moitas cortinas de fume, a moitos anuncios e promesas, pero a realidade segue ser a mesma: a de que Vigo é unha cidade insegura por falla de bombeiros a causa da nefasta xestión do Goberno de Caballero. Até cando imos seguir así, señor alcalde?”.

Ler novas
rop01

O BNG de Vigo iniciará unha rolda de contactos co tecido asociativo e visitas aos barrios para abordar o novo PXOM

A fronte nacionalista critica a posición “contraditoria” do alcalde que expresou vontade a dialogar pero vetou as dúas emendas do Bloque que procuraban blindar a participación e a transparencia. 

Xabier P. Igrexas: “Imos escoitar a cidade para empurrar, sumando e tecendo consensos, un PXOM de todo Vigo e non só do embigo do Goberno de Abel Caballero”.

Ler novas