Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo critica que os fondos de recuperación acaben en inauguracións en lugar de enfrentar os efectos da pandemia

A fronte nacionalista recorda que a maioría dos proxectos presentados xa foran anunciados con anterioridade polo goberno municipal e algúns mesmo contaban con partidas orzamentarias este ano.

Xabier P. Igrexas: “Hai que duplicar os esforzos en cuestións esenciais como as políticas de promoción económica do emprego, as axudas directas ao tecido comercial e en blindar o alcance das políticas sociais”

Ler novas
vitrasa

O BNG de Vigo acusa a Caballero de ser “colaborador necesario” na vulneración de dereitos do persoal de Vitrasa

A fronte nacionalista trasladoulle ao Comité de Empresa dos buses urbanos o seu “total e absoluto” apoio ás súas reivindicacións polas que veñen de iniciar paros parciais con carácter indefinido.

Xabier P. Igrexas: “Podemos dicir con absoluta contundencia que estes servizos mínimos abusivos foron ditados pola empresa. O único que fixo o Goberno municipal foi estamparlles o membrete do Concello”

Ler novas
rop02

O BNG de Vigo demanda medidas urxentes para evitar o colapso sanitario da área

A fronte nacionalista defenderá no Pleno do Concello de Vigo unha moción na que esixen unha “rectificación completa” da política sanitaria aplicada polo PP e que converteu Vigo na “zona cero da desfeita sanitaria”.

Demandarán o apoio institucional do Concello á manifestación convocada para este xoves 30 pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria.

Xabier P. Igrexas: “É hora de esixir tamén nas rúas que a Xunta do Partido Popular deixe de xogar coa nosa saúde e coas nosas vidas, poñendo fin ás políticas de recortes e privatización”.

Ler novas

O BNG de Vigo urxe actuar diante da “desastrosa xestión” das pistas de atletismo de Balaídos

A fronte nacionalista denuncia as reiteradas deficiencias no sistema de reserva das  pistas e os atrancos para a utilización das mesmas por parte de deportistas e clubes.

Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que o maior e máis importante obstáculo que teñan que sortear os e as atletas en Vigo sexa o desleixo e o abandono que sofren por parte do Goberno municipal de Abel Caballero”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG de Vigo denuncia a “total incerteza” sobre a tramitación do novo PXOM

A fronte nacionalista advirte de que un mes despois da aprobación inicial inda non se sabe cando iniciará o proceso de información pública para as alegacións veciñais.

Xabier P. Igrexas: “Asistimos a unha total falla de rigor, de responsabilidade e de incapacidade na xestión por parte do Goberno municipal nunha cuestión tan importante como é a tramitación do novo Plan Xeral”

Ler novas
Recollida de sinaturas do BNG contra a suba da luz

O BNG reactiva nas rúas de Vigo a súa campaña contra a estafa do recibo da luz

 A fronte nacionalista instalará mesas informativas e de recollida de sinaturas en diferentes puntos da cidade para reclamar que Xunta e Goberno español actúen contra o aumento continuado do prezo da electricidade.

Xabier P. Igrexas: “A pesar das declaracións cara a galería destes días  por parte doutras forzas o BNG quedámonos sós [no Pleno do Concello de Vigo] á hora de esixir medidas que metan en cintura o oligopolio eléctrico”.

Ler novas
bng02

O BNG responsabiliza á Xunta do “desastre inducido” na Atención Primaria na área de Vigo

 A fronte nacionalista trasladoulle á Xunta de Persoal do Chuvi o seu total apoio e chama a participar na manifestación convocada para o vindeiro 30 de setembro.

A deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, esixe ao Goberno galego que rectifique e atenda as propostas e alternativas formuladas polo Bloque.

Xabier P. Igrexas: “Non abonda con queixarse, hai que rebelarse e mobilizarnos con toda a firmeza para esixir o noso dereito a unha sanidade pública, gratuíta e de calidade”.

Ler novas