asemblea
Novas
Presentación do Consello Local do BNG de Vigo

O BNG de Vigo elixe por unanimidade a Carmela González como nova responsábel local

A deputada no Parlamento galego releva a Serafín Otero á fronte da organización local do Bloque na cidade.

A fronte nacionalista renova o seu Consello Local co reto de seguir alargando a base social da organización cara as próximas eleccións municipais de 2023, que encaran co obxectivo de se converter nunha forza determinante.

Carmela González: “Somos unha organización local máis unida e forte, cun BNG preparado para ser alternativa política e de goberno tanto en Vigo como no País”.

Ler novas
Novas
as02

O BNG de Vigo avalía en asemblea os dous primeiros anos de mandato municipal

A fronte nacionalista pon en valor o traballo realizado e que deu lugar a máis de 435 propostas, iniciativas e posicións públicas.

Fíxanse como obxectivo “multiplicarse” organizativa, social e politicamente para facer avanzar a súa “alternativa solvente e en positivo” que permita darlle un novo impulso a Vigo fronte a inercia anémica do actual Goberno.

Ler novas