O BNG comprométese a impedir novos recheos na ría de Vigo cun Grupo Galego forte en Madrid
O candidato ao Congreso Brais Ruanova pide apoiar a fronte nacionalista como “garantía” contra recheos “sen xustificación”, como o autorizado a pasada lexislatura polo Goberno español
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal, reitera a oposición do Bloque ao proxecto da Autoridade Portuaria de estender o recheo de Bouzas, tal como se opuxo no Berbés