O BNG de Vigo pide a fin do “ordeno e mando” e reclama participación veciñal nas humanizacións
Consideran “absolutamente razoábeis” as demandas da veciñanza de Coruxo que onte paralizou as obras de humanización da rúa José Rivas ante a negativa do Goberno municipal de escoitar as súas propostas.
A fronte nacionalista demanda que a veciñanza poida participar de maneira directa no deseño dos proxectos e na supervisións das obras para garantir que se dá resposta ás necesidades reais dos barrios e parroquias da cidade.
Xabier P. Igrexas: “Non se pode gobernar negándose a escoitar, desde o unilateralismo constante e con tics autoritarios. A cidade temos que facela entre todos e entre todas”