As propostas do BNG para impulsar Peinador acadan o respaldo unámine do pleno vigués
A defensa da coordinación dos tres aeroportos galegos e a volta a unha postura de consenso propostas polo BNG acadaron o respaldo unánime da corporación na celebración do pleno extraordinario sobre Peinador celebrado hoxe. Como mostra da vontade de chegar a acordos do Bloque, o grupo municipal nacionalista accedeu a votar por separado as dúas partes nas que consiste a proposta presentada, acadando no seu segundo apartado o voto unámime. Nesta liña, o BNG votou a favor das propostas presentados polos grupos popular e socialista.
A primeira parte da iniciativa, que insta ao alcalde a constituír nun prazo de 7 días un grupo de traballo, con representación dos grupos políticos, para propoñer, debatir e consensuar diferentes accións que se poidan desenvolver desde todas as administracións competentes para reactivar e sacar da crise que atravesa ao aeroporto de Peinador tamén resultou aprobada, neste caso cos votos favorables de BNG e PP e a abstención do PSOE.
No transcurso do pleno sobre Peinador, no que a portavoz municipal do BNG pediu un receso para consensuar a proposta, Iolanda Veloso insistíu na necesidade de superar a lea estéril e cansina e chegar a acordos e a unha fronte común para defender o aeroporto.
Suicidio para o país
A competencia entre os tres aeroportos é unha política suicida para o país, subliñou Iolanda Veloso na súa intervención, ademais de criticar a estrutura radial baseada no modelo centrista, ao considerar que fomenta o sistema periférico de Galiza.
Pola contra, e tras lembrar que as competencias sobre os aeroportos son do Estado e a Xunta, defendeu o consenso sobre as acccións que cada unha das administracións competentes nos aeroportos e olvidarnos de polémicas estériles. Neste sentido, a proposta do Bloque aprobada no pleno insta á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado a comezar a xestionar desde unha perspectiva integrada as terminais aeroportuarias galegas co obxectivo de garantir as conexións cos grandes sistemas aeroportuarios europeos que permiten as conexións con todo o mundo, así como incrementar as conexións internacionais directas e reforzar as rutas con diferentes cidades europeas e coas principais cidades do Estado.
Ademais, o BNG defende potenciar o tráfico de mercadorías, apoiar a instalación de basse e centros permanentes das prjncipais compañías aéreas e deseñar e dotar dunha rede de conexións intermodal entre os tres aeroportos e as cidades galegas, así como garantir a seguranza aérea en óptimas condicións.
Este é o documento completo do BNG coas medidas para Peinador