pxom
Goberno local

Participación cidadá, transporte e PXOM centrarán o traballo do BNG de Vigo nos vindeiros meses

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, presentou acompañado pola portavoz nacional, Ana Pontón, as liñas de traballo nun almorzo informativo co gallo do inicio de curso político.
  • Pontón salientou que o BNG abriu “unha nova etapa” no Concello após o seu retorno e destacou o traballo “serio e rigoroso” e a “capacidade e valentía” do seu portavoz municipal.

 

  • Igrexas cualificou de “veto ilegal e antidemocrático” que o PSOE impedise o debate da moción urxente sobre a situación dos bombeiros no Pleno de onte.
Ler novas
Pleno
bng pleno 02

Xabier P. Igrexas: “A Ordenación Provisional é un parche e unha trampa urbanística. O que precisa Vigo é un novo PXOM co máximo consenso”

  • O BNG votou en contra da aprobación definitiva do Instrumento de Ordenación Provisional denunciando as “inseguridade xurídica e a incerteza urbanística que xenera”.
  • A concelleiro nacionalista lembrou que o propio Xerente de Urbanismo declarou publicamente que os prazos que condicionan a vixencia da Ordenación Provisional “son imposíbeis”.
  • O Bloque demandou que o Goberno asuma a serio a elaboración dun novo PXOM “con participación e transparencia e non coa opacidade actual” e denunciou os 4 anos perdidos desde a anulación xudicial do Plan do 2008.
Ler novas
Novas
bng uxt 02

O BNG promoverá a elaboración participativa dun novo PXOM para poñer o urbanismo ao servizo das persoas

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas comprométese a levar a elaboración do novo Plan “a pé de rúa” contando coa participación directa das veciñas e veciños, para lograr que sexa un “PXOM de toda a cidade, co máximo consenso político e social”.

A fronte nacionalista aposta nun deseño urbano racional adecuando a edificabilidade ás necesidades reais, sustentábel, reconciliando a cidade co seu medio natural, e que atenda á totalidade do territorio e permita vertebrar mellor a cidade entendendo que a cidade tamén son os barrios e as parroquias. “Queremos un urbanismo ao servizo da cidade e das persoas, non da especulación”, resume Igrexas.

Ler novas