Novas
O BNG de Vigo rexeita a instalación dunha gasolineira en Tomás Alonso e pide que se escoite á veciñanza afectada
A fronte nacionalista solicita a revisión da licenza urbanística que autoriza a instalación a catros metros de vivendas, e na contorna de dúas escolas infantís e dunha residencia de maiores
Advirte de que suporía “evidentes prexuízos sociais, ambientais e para a saúde” e sinala que “non é necesaria” pola proximidade doutras estacións de servizo
Xabier P. Igrexas: “O BNG iniciamos a elaboración dunha proposta política para evitar que poida ser legal instalar unha gasolineira nestas condicións en ámbitos habitados do casco urbano”