tecido asociativo
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama anticipar as convocatorias de subvencións municipais a entidades sen ánimo de lucro

A fronte nacionalista pide tramitar as axudas no primeiro trimestre para evitar demoras que “estrangulan economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos da cidade

O Goberno de Caballero resolveu o 17 de decembro as subvencións de Participación Cidadá de 2024

Xabier P. Igrexas: “O mesmo Goberno que presume de pagar en menos de 10 días ás empresas privadas, tarda meses en garantir os recursos de entidades sen ánimo de lucro”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e o concelleiro, Filipe Abalde, reunidos con representantes da Favec

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a Favec da súa sede histórica

A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do inmóbel que ocupa hai 30 anos

Xabier P. Igrexas: “É o cume da estratexia de represión de Caballero contra o tecido veciñal que se atreve a discrepar; nunca antes coma hoxe recoñeceron ter medo a represalias”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde presentan a campaña do BNG de Vigo 'Moito máis que tres'

O BNG de Vigo pon en marcha a campaña ‘Moito máis que tres’ para dar voz á veciñanza no Concello

A fronte nacionalista inicia unha rolda de actos públicos en todos os barrios e parroquias e unha intensa axenda de encontros con colectivos sociais e co tecido asociativo

Xabier P. Igrexas: "Na noite electoral do 28 de maio dixemos que o BNG íamos ser moito máis que tres asentos no Pleno, que íamos ser unha ferramenta útil para dar voz a quen outros non queren escoitar"

Ler novas
Novas
xpi

O BNG de Vigo cualifica de “inxustificábel” a falla de política de promoción do emprego do Concello

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e os vigueses non comen con anuncios nin promesas de grandes proxectos. O Concello ten que mobilizar todos os recursos e capacidades que ten en favor de crear emprego digno, estábel e con dereitos na nosa cidade”.

A fronte nacionalista demandou hoxe, na Comisión Informativa de Emprego, a modificación das bases de axudas  a entidades non lucrativas, dentro do Plan Municipal de Emprego, para as facer máis accesíbeis e útis.

Denuncian a inexecución polo Goberno municipal da meirande parte das partidas orzamentarias destinadas a programas de inserción laboral.

Ler novas