urbanismo
Novas
xpi

O BNG cualifica de “pantomima” a presentación formal do documento de aprobación inicial do novo PXOM e reclama transparencia e participación “reais”

Para a fronte nacionalista é unha anomalía que a equipa redactora só comparecera en dúas ocasións diante do Consello da Xerencia de Urbanismo.

Xabier P. Igrexas: “Hai que explicar o planeamento, levalo a pé de rúa, aos barrios e parroquias para escoitar a veciñanza. Hai que sacar o PXOM dos despachos”.

Ler novas
Novas
igrexa

O BNG de Vigo afea a falla de participación no proxecto de reforma da praza da Igrexa e pide reconsiderar a afección a vivendas habitadas e un local comercial

A fronte nacionalista critica a falla de definición sobre o uso que se quere dar ao novo edificio dotacional e advirte de que o barrio non precisa “un novo ‘Verbum’, como edificio vistoso sen contido”.

Xabier P. Igrexas: “O BNG apostamos por un Casco Vello revitalizado pero sobre todo habitábel. Queremos un casco histórico que sexa moito máis que un espazo para visitar ou consumir na hostalaría, queremos un Casco Vello para vivir e convivir”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo acusa o Goberno municipal de esconder o documento de aprobación inicial do novo PXOM

A fronte nacionalista esixe o acceso a toda a documentación e demandará a comparecencia da equipa redactora do Plan Xeral na vindeira xuntanza do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Xabier P. Igrexas: “Non imos tolerar que o PXOM pase da escuridade dos despachos onde o estiveron elaborando a unha caixa forte para ocultarllo ás forzas políticas da oposición, ao tecido asociativo e ao conxunto da cidadanía".

Ler novas
Novas
pleno c

O BNG de Vigo denuncia que o Goberno local sigue adiante co macropolígono industrial da Garrida  

En resposta a unha interpelación do Bloque a concelleira de Urbanismo, María José Caride, anunciou que esta mesma semana tramitarán no IGVS a solicitude de modificación do Plan Sectorial de Áreas Empresariais para ampliar o polígono previsto no PXOU do 93.

Xabier P. Igrexas: “Ninguén xustificou até o momento a necesidade dun polígono de 400 mil metros cadrados en Valadares que vai afectar a un número importante de vivendas habitadas e con evidentes efectos ambientais”

A fronte nacionalista anuncia que levará o asunto ao Parlamento de Galiza para reclamar á Xunta que non autorice este macropolígono que conta co rexeitamento maioritario da veciñanza.

Ler novas
Novas
pleno c

O BNG de Vigo esixe respeito democrático ao Pleno e que o alcalde cumpra o seu regulamento

Xabier P. Igrexas: “Mentres Caballero tentou amordazar o BNG reducindo a 4 minutos o tempo que puiden intervir, decidiu dopar ilegalmente o PSOE duplicando a súa intervención até un total de 25 minutos”.

A fronte nacionalista afea as continuadas faltas de respeito ao máximo órgano de representación democrática da cidade por parte do rexedor e o seu talante “autoritario e sectario”.

Ler novas
Novas
20190131_FOTO_RoldaEPA+Vulcano

O BNG demandará que se informe no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo da modificación puntual do Barrio do Cura

A fronte nacionalista reclama que o Goberno local explique a situación do expediente despois do cruce de versións contraditorias entre Xunta e Concello.

Xabier P. Igrexas: “O Bloque xa expresamos a nosa oposición a este modelo de urbanismo a parches, con modificacións ad hoc e a toda presa dalgúns ámbitos”.

Insisten en demandar que se aumente a vivenda protexida e lembran que só no Barrio do Cura reservan 36 de 400 vivendas.

Ler novas