vial Beade
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda transparencia sobre a avaliación ambiental e as miles de alegacións veciñais do novo PXOM

A fronte nacionalista solicita a comparecencia da equipa redactora do Plan Xeral para dar conta da tramitación, diante da “opacidade” coa que está a xestionalo o Goberno local

Alerta da pretensión do Goberno de Caballero de manter o proxecto de vial PO-010 que tronzaría as parroquias de Vigo, malia os “graves” impactos e non estar xustificado

Xabier P. Igrexas: “Non se pode ir agora a unha tramitación exprés sen antes transparentar e explicar á veciñanza que se vai facer coas súas alegacións”

Ler novas
Novas
Protesta de Avibe no Pleno do Concello de Vigo

O BNG de Vigo critica a negativa de Caballero a escoitar no Pleno á veciñanza afectada polo vial de Beade

A fronte nacionalista reitera a súa oposición á PO-010 e afea que desaloxara da sesión plenaria ás representantes da Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (Avibe), que levan un ano reclamando sen éxito unha xuntanza co rexedor

Xabier P. Igrexas: “A veciñanza demanda algo tan esencial en democracia como seren escoitadas por un alcalde que presume de dialogar con todo o mundo pero que en realidade só fala consigo mesmo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas na protesta da veciñanza afectada polo vial de Beade tras abandonar o Pleno

O BNG de Vigo cualifica de “farsa” o Pleno extraordinario e abandónao en apoio da veciñanza afectada polo vial de Beade

A fronte nacionalista tacha a convocatoria do Pleno pola autoestrada Vigo-O Porriño de “escusa” para silenciar as masivas protestas veciñais contra o proxecto do PO-010.

Denuncian a decisión arbitraria do alcalde de convocar unha sesión “clandestina”, a porta pechada, pola súa “alerxia antidemocrática a aquelas persoas que non lle aplauden”.

Xabier P. Igrexas: “O BNG non imos servir de comparsa nin de atrezo neste Pleno fake que Abel Caballero utiliza para impoñer un vial que vai tronzar o rural vigués”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno municipal de Vigo

O BNG acusa o alcalde de Vigo de querer silenciar a oposición veciñal ao novo vial de Beade cun Pleno extraordinario pola A-55

A fronte nacionalista presenta un recurso de reposición para esixir a presenza de público na sesión plenaria, dentro das normas sociosanitarias, fronte á decisión do alcalde de Vigo de celebralo a porta fechada sen xustificación legal.

Xabier P. Igrexas: “É evidente que estamos diante dun debate farsa co que Caballero pretende invisibilizar o masivo rexeitamento social ao proxecto de novo vial PO-010, que ameaza con tronzar parte moi importante das parroquias rurais da nosa cidade”.
Ler novas