O BNG de Vigo pide aclarar os motivos das reiteradas suspensións de concertos por parte da Policía Local
A fronte nacionalista solicita á concellaría de Seguridade os informes das actuacións policiais ante a denuncia da plataforma Grupos en Loita de que non están xustificadas
Xabier P. Igrexas: “O BNG non queremos pensar que se trate dunha represalia contra algúns grupos que criticaron a desertización cultural e o desmantelamento das políticas xuvenís na cidade, como a reapertura ultraprecaria de Vigosónico”