Novas
Néstor Rego e Xabier P Igrexas (foto de arquivo)

O BNG esixirá en Madrid a Saída Sur para o 2030 e chama a unha “posición de cidade” en Vigo para evitar o seu adiamento

A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Congreso e tamén no Senado, que se engaden á demanda que trasladou a través da súa eurodeputada, Ana Miranda, á Comisión Europea, para garantir que a conexión ferroviaria de alta velocidade entre Vigo e Porto sexa realidade no horizonte do 2030 e non dez anos máis tarde

Néstor Rego: “A Saída Sur é estratéxica e fundamental e seguiremos a traballar para que no ano 2030 sexa posíbel viaxar desde Ferrol até Lisboa en alta velocidade”

Xabier P. Igrexas: “Desde o BNG cremos que é necesaria unha resposta firme en chave de cidade para expresar de maneira rotunda que Vigo non imos esperar máis, que queremos tren de alta velocidade con Porto no ano 2030”

Ler novas
Xabier P. Igrexas (BNG) e Alberto Gonçalves (CIG) en rolda de prensa

O BNG defenderá no Pleno de Vigo unha batería de medidas para combater a precariedade laboral

A fronte nacionalista trasladará unha moción da CIG para esixir un “xiro de 180 graos” nas políticas laborais para garantir emprego e salarios dignos fronte á crecente pobreza que afecta a cada vez máis traballadoras e traballadores na cidade

Xabier P. Igrexas: “O BNG defenderemos esta moción diante da decisión autoritaria e antidemocrática de Abel Caballero de impedir que a CIG interveña no Pleno”

Alberto Gonçalves: “Esta moción fai parte da campaña ‘Stop Precariedade.Traballo Digno’ para dar resposta ao grave contexto social e laboral en Galiza e na comarca de Vigo”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O Goberno de Caballero bloquea unha iniciativa do BNG reclamando a alta velocidade entre Vigo e Porto para 2030

A fronte nacionalista trasladou unha proposta de declaración institucional para o vindeiro Pleno municipal que foi vetada pola maioría do PSOE e que o PP se limitou a votar a prol

O Bloque insta o Goberno español a reclamar unha rectificación da Comisión Europea, que relega a Saída Sur para priorizar a conexión ferroviaria entre Lisboa e Madrid

Xabier P. Igrexas: “Este novo veto non nos vai frear o BNG á hora de seguir esixindo dende Vigo, dende Madrid e dende Bruxelas que a Saída Sur sexa realidade no 2030”

Ler novas
Xabier P. Igrexas e Filipe Abalde (esq) reunidos co Comité de Persoal do Concello Vigo

O BNG de Vigo urxe unha "emenda á totalidade" á nefasta política laboral do Concello

A fronte nacionalista mantivo un encontro co Comité de Persoal para poñer en común a situación laboral do Concello

Critican a inexecución das Ofertas Públicas de Emprego, a crecente privatización dos servizos municipais e o colapso no departamento de Recursos Humanos

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero é o campión das privatizacións, o seu Goberno en lugar de gobernar limítase a xestionar licitacións que poñen no peto de empresas privadas 2 de cada 3 euros do orzamento municipal”

Ler novas

O BNG propón unha Semana da Literatura para converter Vigo na grande cidade galega do libro

A fronte nacionalista demanda máis compromiso do Concello coa promoción da lectura e un maior apoio ao sector editorial e ás librarías da cidade

Chama a potenciar a actual Feira do Libro, convocar un certame literario municipal e promover a organización dun Forum Editorial con vocación internacional

Ana Martínez: “De pouco serve gabarnos do vizoso sector editorial de Vigo ou das nosas grandes autoras e autores, se ese orgullo non se traduce en políticas públicas”

Ler novas
Aviso sobre a auga no IES de Beade

O BNG reclama actuacións urxentes no IES de Beade, sen auga potábel dende hai medio ano

A fronte nacionalista esixe que a Xunta de Galiza, como responsábel do centro, e o Concello, como titular da rede de subministro, resolvan esta situación que causa un “evidente prexuízo” na comunidade educativa

Xabier P. Igrexas: “O IES de Beade está asumindo o gasto de auga embotellada para as arredor de 500 alumnas e alumnos pola falla de resposta dos Gobernos galego e local”

Ler novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG esixe a intervención da Xunta diante da gravísima situación nas ambulancias do 061 na área de Vigo

A fronte nacionalista urxirá no Parlamento galego que a Xunta actúe rescatando a concesión en mans de Ambulancias do Atlántico, garantindo o pago de salarios e provedores e investigando o uso dos recursos públicos recibidos pola concesionaria

Montse Prado: “Non podemos permitir que a saúde e a vida da veciñanza da área sanitaria de Vigo estea permanentemente en risco, a Xunta ten que deixar de poñer parches e actuar con contundencia”

Xabier P. Igrexas: “Este é tamén o legado da xestión do último conselleiro de Sanidade, hoxe relevado, Julio García Comesaña, que se negou a meter man en algo tan serio e grave como as condicións nas que se atenden as emerxencias sanitarias”

Ler novas
Brais Ruanova, Carmela González, Xabier P. Igrexas e Alexandra Fernández

O BNG comprométese a ser a “primeira liña de defensa” de Vigo fronte ao abandono do PP na Xunta

As deputadas e o deputado do Bloque pola cidade Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova trasladan as principais liñas de actuación da fronte nacionalista durante a nova lexislatura no Parlamento galego

Presentan alternativas fronte ao problema de acceso á vivenda, para a reactivación produtiva e industrial e contra a privatización sanitaria, entre outras prioridades

Xabier P. Igrexas: “Van ser a voz firme para combater as políticas do PP de Rueda, empurrando co liderado do BNG o cambio galego para que Vigo teña un Goberno aliado”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG alerta do risco de que as ludotecas municipais de Vigo pechen a partir de xuño

A fronte nacionalista denuncia que non se iniciou unha nova licitación para a xestión do servizo de ludotecas a menos de dous meses para a fin da segunda prórroga do contrato

Xabier P. Igrexas: “Falamos dun servizo de enorme importancia que atende arredor dun centenar de crianzas por xornada, e que xa se desenvolve nunhas condicións precarias pola falla de vontade e compromiso do Goberno de Abel Caballero”

Ler novas