O BNG propón que o pleno aprobe unha declaración institucional en defensa de afectados pola hepatite

O BNG propón que o pleno aprobe unha declaración institucional en defensa de afectados pola hepatite

Iolanda Veloso e Serafín Otero mantiveron unha xuntanza con representantes da plataforma na que expresaron o apoio as súas reclamacións

 

rolda hepatite C IolandaVigo, 6 de febreiro de 2015.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, e o candidato nacionalista, Serafín Otero, amosaron o respaldo do Bloque ás demandas formuladas pola plataforma de afectados e afectadas pola hepatite C para que o goberno acceda a subministrar o tratamento pautado polos seus respectivos especialistas. Ademais, agradecéronlles o seu tremendo esforzo e animáronos a que sigan na súa loita polos seus dereitos, “porque as súas reclamacións son xustas e lexítimas”.

Tras a xuntanza, Iolanda Veloso anunciou que se porá en contacto cos portavoces do resto de partidos con representación municipal co obxectivo de que no pleno do vindeiro luns a corporación aprobe como declaración institucional de todas as forzas políticas a moción remitida pola plataforma de afectados. “Pensamos que non debe ser a reclamación dun só partido, senón de toda a corporación”, asegurou.

A voceira nacionalista agradeceu ás integrantes da plataforma a súa asistencia á xuntanza e manifestoulles o apoio do BNG ás persoas que “sofren da maneira máis cruel os recortes na sanidade pública”.

“Están reclamando un dereito que nós apoiamos totalmente”, engadiu ao tempo que expresou a srolda hepatite C Serafínúa confianza en que os gobernos central e da Xunta tomen xa unha determinación para que estes pacientes poidan recibir os seus tratamentos.

Serafín Otero destacou que “debemos esixir un mínimo de sensibilidade das administracións e que se poña freo ao negocio das farmacéuticas”. Por outro lado, alertou de que esta situación tan grave pola que atravesan os afectados pola hepatite C xa se está producindo tamén nos pacientes oncolóxicos. “Nós esiximos unha sanidade pública que estea ao servizo da xente”, subliñou.

Demanda de información e transparencia

A portavoz da plataforma, tras agradecer a disposición do BNG a manter a xuntanza e escoitar as súas reclamacións, destacou que como pacientes esixen información veraz e transparencia. “Queremos saber que percorrido ten o circuito dos nosos expedientes”, manifestou Xulia Alonso, quen tamén sinalou que queren saber quen son os profesionais que teñen a posibilidade de revisar a posición clínica dos nosos especialistas.

rolda hepatite C XuliaA preguntas dos xornalistas explicou que en Galiza son aproximadamente 3.000 as persoas afectadas, pero aclarou que desde a plataforma non solicitan a aplicación do tratamento, senón que reclaman que lles apliquen a medicacións que lles pautan os seus respectivos profesionais. “Parécenos lamentable que habendo medicación que cura esteamos vivindo esta situación”, manifestou.

 

O BNG propón que o pleno aprobe unha declaración institucional en defensa de afectados pola hepatite