Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno

PP e PSOE impiden que o Pleno de Vigo aprobe a moción do BNG contra a “bomba ambiental” de Altri

A fronte nacionalista acusa aos populares de “actuar como comerciais” da empresa e cualifica de “vergoñenta” a abstención do grupo socialista contra a macrocelulosa

Xabier P. Igrexas: “É hora de dicir non á instalación da planta de Altri no corazón de Galiza, recollendo o clamor popular deste domingo, tamén desde a maior cidade galega”

Ler novas
Xabier P. Igrexas e Filipe Abalde (no centro) reunidos con representantes da Favec

O BNG aposta por renovar o mapa de liñas do bus urbano de Vigo con participación veciñal

A fronte nacionalista inicia a rolda de contactos da campaña ‘Máis buses, menos multas’ cunha reunión coa Favec recollendo propostas e necesidades para mellorar o servizo

Alerta do risco de que o estudo encargado polo Goberno de Caballero sexa unha “coartada para empeorar máis o transporte en función dos intereses da concesionaria”

Xabier P. Igrexas: “Hai alternativa ao desastre de servizo de bus que presta Vitrasa”

Ler novas
O deputado Brais Ruanova, o portavoz municipal Xabier P. Igrexas, o xerente de Navalia Javier Arnau e a deputada Carmela González durante a visita á feira

O BNG chama a facer realidade un Centro de Reparacións Navais en Vigo para revitalizar o sector

A fronte nacionalista lamenta durante unha visita á feira Navalia a falla dunha política industrial da Xunta de Galiza para “impulsar as enormes capacidades deste sector estratéxico para a economía e o emprego”

Xabier P. Igrexas: “O BNG seguiremos a dar a batalla por retirar as limitacións que estrangulan o noso tecido empresarial e para defender o noso dereito a producir”

Ler novas
O deputado Brais Ruanova (centro), o portavoz municipal en Vigo Xabier P. Igrexas e a deputada Carmela González (der) reunidos con representantes da CIG-Industria

O BNG esixe a intervención da Xunta para blindar o futuro da automoción en Vigo fronte á deslocalización

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego diante das ameazas que enfronta o sector e reclama que os fondos europeos “non subvencionen a precariedade”

Brais Ruanova: “O Goberno galego entregou máis de 81 millóns de euros a Stellantis que non melloraron as condicións laborais nin afianzaron a posición das empresas auxiliares”

Xabier P. Igrexas: “O que está a suceder en Denso, en ZF ou en Benteler é o síntoma da falla dunha verdadeira política industrial por parte dunha Xunta do PP na nosa cidade”

Ler novas