Novas
A candidata Alexandra Fernández (no centro) acompañada polo Grupo Municipal do BNG de Vigo e militancia da organización

O BNG compromete o inicio das obras do instituto de Navia neste 2024 cun Goberno liderado por Ana Pontón

A fronte nacionalista lamenta as “promesas incumpridas” do PP con este proxecto durante 15 anos malia as demandas da comunidade educativa e da veciñanza do barrio vigués

A candidata Alexandra Fernández traslada tamén o compromiso de reforzar o profesorado e incrementar os recursos para atender as carencias das infraestruturas educativas

Xabier P. Igrexas: “É un dos exemplos máis gráficos e inxustos da política de total abandono coa que a Xunta do PP leva castigando á maior cidade de Galiza”

Ler novas
Presentación da candidatura do BNG con Ana Pontón en Vigo

Ana Pontón: “Vigo terá co BNG un goberno aliado”

Destaca que é o momento de ter unha presidenta preparada para poñer en marcha un País en grande e deixar atrás o retroceso que supuxo a xestión do PP na Xunta

O cabeza de cartel pide aos vigueses abrir un tempo novo cun goberno sen ataduras que cambie a “política de confrontación" pola "cooperación intelixente"

Ler novas

A Valedora do Pobo abre expediente ao Concello por ocultar a documentación do reequilibrio de Vitrasa

Atende a queixa formulada polo Grupo Municipal do BNG contra a resolución na que ilegalmente o Goberno municipal se nega a informar e facilitar acceso a documentación sobre unha eventual nova indemnización á concesionaria do bus urbano

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses merecen coñecer, con luz e taquígrafos, que pretende facer o Goberno local co diñeiro de todas, despois de terlle entregado case 6 millóns de euros a Vitrasa en compensación polas restricións da Covid e de agasallarlle unha prórroga de 5 anos”

Ler novas
Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Filipe Abalde apoian a concentración dos Ninguéns na Privada Moderna

O BNG compromete en Vigo unha nova política de vivenda pública para evitar casos como os da Privada Moderna

A fronte nacionalista demanda a cesión dos inmóbeis da Sareb para despregar un parque público de vivenda fronte á política de “brazos caídos” do PP durante 14 anos na Xunta

Alexandra Fernández: “Cun Goberno galego liderado por Ana Pontón faremos posíbel que acceder a unha vivenda deixe de ser un luxo para miles de galegos e galegas”

Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que en Vigo, cuns prezos imposíbeis para a maioría social, teñamos 42 vivendas de titularidade pública tapiadas como na Privada Moderna”

Ler novas

O BNG urxe declarar Vigo como zona tensionada da vivenda para frear o grave encarecemento dos alugueiros

A fronte nacionalista pide ao Goberno municipal que solicite esta medida á Xunta para  despregar as medidas que a nova lei de vivenda prevé para limitar os prezos

Demanda tamén a posta en marcha no Concello dun Observatorio Local da Vivenda que permita facer un seguimento da evolución dos custos dos alugueiros

Xabier P. Igrexas: “Son medidas concretas para comezar a corrixir as consecuencias da nefasta política de brazos caídos da Xunta do PP nos últimos 14 anos”

Ler novas
Concerto de Guns N' Roses celebrado o 12 de xuño en Balaídos [Foto: Metropolitano.gal]

O BNG de Vigo alerta de que o “chalaneo” de Caballero co concerto de Guns N’ Roses pode saírlle moi caro á cidade

A fronte nacionalista lamenta que “á falla de explicacións e depuración de responsabilidades políticas” polo escándalo do frustrado patrocinio publicitario se engada agora o risco de ter que indemnizar á promotora após se admitir a súa demanda xudicial contra o Concello

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero inda non aclarou que compromisos atinxiu na reunión que el en persoa mantivo cos máximos directivos da promotora do concerto días antes do envío dunha carta de interese prometéndolles case 2 millóns de euros”

¬VITRASA: O portavoz municipal do BNG esixe a dimisión de Carlos Font despois das gravísimas declaracións nas que acusou de “violentos” ao Comité de Empresa e ao persoal en folga no servizo de bus urbano

Ler novas
Néstor Rego e Xabier P Igrexas en rolda de prensa

O BNG afea a “submisión” de Rueda con Ayuso por non defender o tren de alta velocidade entre Vigo e Portugal

A fronte nacionalista pon en valor o compromiso conseguido no acordo de investidura para facer realidade a conexión ferroviaria en 2030 fronte ao “silencio cómplice” do PP galego e vigués coas declaracións da presidenta madrileña

Néstor Rego: “O BNG levamos moitos anos reclamando ao Goberno español que faga a súa parte, que é avanzar na conexión ferroviaria entre Vigo e a fronteira portuguesa”

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses saben que con Ana Pontón teremos unha presidenta sen dependencias de Madrid e comprometida con proxectos irrenunciábeis como a Saída Sur”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG en Vigo

O BNG de Vigo defende unha alternativa de Zonas de Baixas Emisións sen as restricións e multas que quere impor Caballero

A fronte nacionalista traslada unha folla de ruta para acordar con participación veciñal a ordenanza municipal, cuxa elaboración se iniciou hai dous anos sen avances

Aposta por facer de toda a cidade unha ZBE, revolucionando a mobilidade e democratizando o espazo público para dar prioridade ao tránsito peonil, en bicicleta, patinetes e transporte público, reducindo o vehículo privado aos tráficos necesarios

Xabier P. Igrexas: “A proposta do BNG é aproveitar as ZBE para avanzarmos cara un modelo de cidade máis sustentábel e habitábel, dando alternativas ao uso do coche”

Ler novas