Novas
Protesta dun traballador de Vitrasa no Pleno de Vigo

O BNG denuncia a “bunkerización e listas negras” impostas por Abel Caballero no Pleno de Vigo

A fronte nacionalista critica o “excesivo e inxustificado” dispositivo policial nos accesos á sesión plenaria deste xoves, con veciñas e veciños vetados sen explicacións

Afea que se lle negara tamén o acceso a persoas cando quedaban asentos baleiros mentres o PSOE ocupou unha parte importante do aforo con militantes e simpatizantes

Xabier P. Igrexas: “O alcalde segue sen entender que Vigo vai moi alén dos 19 asentos do PSOE, que as viguesas/es que non o votaron son tamén viguesas/es de primeira”

Ler novas
Xabier P. Igrexas no Pleno xunto coa concelleira Ana Martínez e o edil Filipe Abalde

O BNG oponse á aprobación provisional do novo PXOM de Vigo por desoír as alegacións veciñais

A fronte nacionalista cualifica no Pleno como o “maior acto de irresponsabilidade política” do Goberno de Caballero a aprobación dun documento urbanístico que foi elaborado e tramitado “na escuridade dos despachos e sen dialogar con ninguén”

Xabier P. Igrexas: “A resposta do Goberno municipal diante das alegacións é facer oídos xordos porque este Plan Xeral o vai decidir Abel Caballero e solo el”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno

Xabier P. Igrexas a Abel Caballero: “Confunde Vigo co seu embigo”

O BNG rexeita os orzamentos municipais para 2024 por estar “elaborados de costas á cidade”, non atender as necesidades reais das viguesas e vigueses e insistir no abandono dos barrios e parroquias

O PSOE tombou co seu voto en contra as alegacións do movemento veciñal, defendidas polo Bloque a través dun voto particular, como xa fixera coas 138 emendas parciais da fronte nacionalista

Critica que o alcalde impuxese un “Pleno exprés” de menos de 30 minutos para a aprobación definitiva das contas do Concello para o vindeiro ano 2024

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG reclamará no Pleno de Vigo o punto e final dos recortes e privatizacións do PP na sanidade pública

A fronte nacionalista traslada unha moción con 13 medidas para esixir melloras urxentes na área sanitaria, dotándoa de máis medios económicos, materiais e humanos e revertendo o “negocio” do Hospital Álvaro Cunqueiro e do concerto con Povisa

Xabier P. Igrexas:
“Esta moción volve reclamar un punto e final ás nefastas políticas coas que o PP estivo xogando coa saúde e a vida das viguesas e vigueses”
Ler novas
Xabier P Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo levará a Pleno as alegacións do movemento veciñal aos orzamentos municipais de 2024

A fronte nacionalista critica que o Goberno municipal inadmitise “de maneira burocrática” as alegacións formuladas pola AV de Teis, a AV de Lavadores e a FAVEC, da mesma maneira que xa rexeitou na aprobación inicial as 138 emendas formuladas polo BNG

Xabier P. Igrexas: “A cidade merece uns orzamentos que dean resposta ás necesidades reais das viguesas e dos vigueses, que poña fin ao abandono dos barrios e parroquias, e non apenas unhas contas elaboradas ao antollo e capricho de Abel Caballero”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG insta o Concello de Vigo a tomar o control de Vitrasa ante a “actitude pirata” da empresa

A fronte nacionalista pide designar unha Intervención Técnica municipal da concesión diante dos “graves e reiterados incumprimentos” que precarizaron o bus urbano

O Concello encargaríase do servizo utilizando o persoal, medios e material da empresa, como paso previo a un eventual rescate definitivo da concesión

Xabier P. Igrexas: “O Concello de Vigo ten que enviar a mensaxe de que xa chegou, que non se pode tolerar por máis tempo esta situación nun servizo municipal que é esencial”

Ler novas

O BNG de Vigo chama a consumir produto galego e local: “Menos welcome Primark e máis apoio ao comercio de proximidade”

A fronte nacionalista presenta a súa campaña ‘Mellor local. Mellor galego’ en favor do pequeno e mediano comercio con medidas para reverter a falla de apoios por parte do Concello de Vigo e da Xunta de Galiza

Carmela González: “Cun Goberno galego presidido por Ana Pontón o comercio local terá por fin o pulo que non tivo durante 14 anos co PP, nos que pecharon 8 mil negocios”

Xabier P. Igrexas: “O comercio vigués é o único das sete grandes cidades galegas que non recibiu nos últimos anos ningunha liña de axudas directas por parte do Concello”

Ler novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, comparece en rolda de prensa acompañado polas deputadas Alexandra Fernández, Montse Prado e Carmela Gonzalez nunha imaxe de arquivo

O BNG critica o novo “castigo” da Xunta do PP con Vigo rexeitando 127 millóns máis en recursos para a cidade

Lamenta que o Goberno de Alfonso Rueda tombara as 41 emendas nacionalistas aos Orzamentos da Xunta de 2024 con medidas para reactivar a potencia produtiva e laboral de Vigo, blindar o futuro industrial, alargar os servizos públicos, poñer fin á privatización e recortes na sanidade, responder ao problema da vivenda, atender déficits en infraestruturas e actuar fronte á emerxencia climática

Xabier P. Igrexas: “O castigo a Vigo ten como data de caducidade o día das vindeiras eleccións galegas, nas que as viguesas e vigueses seremos a forza determinante para o cambio en Galiza cun Goberno presidido por Ana Pontón como grande aliado da cidade”

Ler novas

O BNG de Vigo rexeita que Caballero “agasalle” a Povisa coa da Medalla da Cidade

Critican que o alcalde insista no “sectarismo autoritario” que degrada as condecoracións da cidade ao anunciar unilateralmente unha concesión que só pode ser acordada polo Pleno

Xabier P. Igrexas: “Exactamente que é o que quere premiar Caballero? Que se faga negocio coa saúde das viguesas e vigueses? Que as políticas de privatización da Xunta do PP obriguen a 139 mil persoas da área de Vigo a ter como hospital de referencia un centro privado?”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG demanda abrir o Pleno de aprobación provisional do novo PXOM a toda a veciñanza de Vigo

A fronte nacionalista propón que se celebre en horario de tarde no Auditorio municipal, con quendas de intervención e réplica ampliadas, para permitir a maior asistencia

Afea que os grupos políticos da oposición coñeceran a data da sesión pola prensa, sen que se informara previamente na Xerencia de Urbanismo nin na Xunta de Portavoces

Xabier P. Igrexas: “Cómpre abrir portas e fiestras, poñer luz e taquígrafos e transparentar o debate dun documento que vai ser absolutamente central no futuro da cidade”

Ler novas