Novas

O BNG demanda un Plan Facilitador do Alugueiro en Vigo fronte aos “parches cosméticos” anunciados por Caballero

A fronte nacionalista lamenta que o Goberno municipal destine unicamente 15 mil euros a un proxecto piloto de acceso social, malia contar cun orzamento de máis de 400 millóns

Xabier P. Igrexas: “Agora que Caballero xa deixou atrás a escusa de que non tiña competencias en materia de vivenda, o BNG pedímoslle que pase de xestos tímidos e faga desta cuestión unha prioridade a nivel municipal”

Ler novas
Retencións quilométricas na cidade [Imaxe: Vigoé]

O BNG de Vigo demanda unha reunión urxente da Comisión de Seguridade despois do “caos perigosísimo” deste venres

A fronte nacionalista esixe modificar as medidas de seguridade e tráfico diante do “rotundo fracaso” dos plans anunciados polo  Alcalde para evitar que o Nadal se converta nunha “agonía de seis semanas” que faga a cidade intransitábel, inhabitábel e insegura

Xabier P. Igrexas: “O desgoberno de Abel Caballero é unha ameaza para a seguridade pública”

Ler novas
Xabier P Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide que Abel Caballero aclare quen paga as facturas das súas xiras nas televisións de Madrid

A fronte nacionalista demanda o Goberno municipal que informe se está empregando, directa ou indirectamente, recursos do Concello para os paseos mediáticos do rexedor

Afea esta “sobreexposición para maior gloria do seu ego persoal” cando leva desde xullo sen comparecer en rolda de prensa diante dos e das xornalistas locais

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses non merecen un alcalde a tempo parcial; que se deixe de platós e xestione a folga indefinida en Vitrasa que ten a cidade colapsada”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo urxe a Xunta de Galiza a axilizar a construción do novo instituto de Navia

A fronte nacionalista considera “inaceptábel” que o centro non vaia abrir antes do curso 2026-2027 e propón aumentar en 1 millón de euros (11 veces máis) a partida consignada nos orzamentos da Xunta de 2024

Xabier P. Igrexas: “Fica claro que o único motivo polo que a día de hoxe Navia non ten o novo instituto prometido hai máis de 5 anos é pola falla de vontade do Partido Popular”

Ler novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, apoia unha mobilización do persoal de Vitrasa en folga

O BNG de Vigo denuncia que nada se sabe sobre a presunta indemnización a Vitrasa anunciada por Caballero

A fronte nacionalista advirte de que o suposto reequilibrio económico da concesión de bus urbano non pode ser un cheque para salvar a conta de resultados da empresa nin para unha saída en falso do conflito aberto hai máis de dous anos

Pregunta ao alcalde cando vai convocar unha xuntanza entre a dirección de Vitrasa e o Comité de Empresa, como propuxo o Bloque, despois da “farsa” da mediación no AGA

Xabier P. Igrexas: "Caballero ten que deixar de actuar como se fose un executivo de Vitrasa, insultando os traballadores e traballadoras, e implicarse na busca dunha solución”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde (Grupo municipal do BNG Vigo) no Pleno

O BNG de Vigo critica o “sectarismo” do PSOE no Pleno por tombar unha moción contra a violencia machista

A fronte nacionalista afea o voto negativo do grupo socialista ás propostas do Bloque para multiplicar os recursos que destinan Concello e Xunta a políticas feministas

Lamenta o “veto indecente” de PSOE e PP a unha declaración institucional na sesión plenaria contra o xenocidio na Palestina: “A indiferenza é complicidade”

Refuta as “evidentes e vergoñentas esaxeracións” do alcalde Abel Caballero sobre o Nadal e que non se tomaran medidas para evitar que se repita o “caos” do pasado ano

Ler novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e as deputadas no Parlamento galego, Carmela González e Alexandra Fernández

O BNG emenda os orzamentos “á desesperada” da Xunta para incrementar nun 65% o investimento en Vigo en 2024

A fronte nacionalista formula 41 emendas para reverter o “abandono” do PP coa maior cidade galega sumando 127 millóns ao proxecto de contas do Goberno de Rueda

Medidas para reactivar a potencia produtiva e laboral de Vigo, blindar o futuro industrial, alargar os servizos públicos, poñer fin á privatización e recortes na sanidade, responder ao problema de acceso á vivenda, atender déficits en infraestruturas e actuar fronte á emerxencia climática

Ler novas