Novas
Roterio do BNG de Vigo pola historia do Calvario

O BNG de Vigo reivindica no Calvario un modelo de cidade máis “habitábel, natural e coas persoas no centro”

A fronte nacionalista pon en valor a transformación do barrio como parte das peonalizacións realizadas durante a alcaldía do BNG, en contraposición co “remozado superficial” de rúas que promove o actual goberno.

Organiza un roteiro pola historia do Calvario “para non perder a perspectiva diante dun Caballero que teima en presentar a súa chegada á alcaldía como o ano cero en Vigo”

Xabier P. Igrexas: “Humanizar é moito máis que alargar un pouco as beirarrúas, ou instalar uns cantos bancos. Humanizar é democratizar o espazo público”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide fiscalizar as contratas municipais polos continuos incumprimentos dos pregos e dos dereitos laborais

A fronte nacionalista propón constituír un Observatorio da Contratación para “meter en cintura” estas empresas que xestionan unha parte moi importante do orzamento municipal

Denuncia o “ronsel infinito” nos últimos meses con conflitos no Servizo de Axuda no Fogar, na limpeza de dependencias municipais e dos colexios públicos, no mantemento de zonas verdes, no bus urbano e na recollida do lixo

Xabier P. Igrexas: “O goberno de Caballero ten que deixar de ser aliado e cómplice das grandes concesionarias e defender a calidade dos servizos públicos e o interese xeral da cidade”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG propón unha convocatoria extraordinaria do ‘cheque social’ diante do aumento da pobreza en Vigo

A fronte nacionalista demanda un incremento dos recursos en política social para converter o Concello nun “verdadeiro parapeto” fronte a suba descontrolada dos prezos e o aumento do empobrecemento nun 10% na cidade.

Chama a ampliar a partida orzamentaria das Axudas de Emerxencia para Familias até os 4 millóns de euros para aumentar as contías e alargar o número de beneficiarias.

Xabier P. Igrexas: “Humanizar de verdade pasa por protexer ás máis vulnerábeis”

Ler novas
[Imaxe: Audasa]

O BNG chama a actuar contra os preocupantes problemas de ruídos en Vigo

A fronte nacionalista pide medidas para paliar esta situación que afecta con especial intensidade en Teis, polo tramo urbano da AP-9, e en Navia e Coia, a causa da VG-20

Xabier P. Igrexas: “Os datos do mapa estratéxico de ruídos amosan a necesidade dun cambio no modelo de mobilidade na nosa cidade para facela máis habitábel”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo dubida da legalidade do novo PERI en Comesaña que prioriza os intereses de empresas privadas

A fronte nacionalista expresa a súa preocupación pola modificación urbanística aprobada cos votos de PSOE e PP que contradí o previsto no novo Plan Xeral.

Denuncia o aumento dos usos comerciais da parcela cando a pretensión coa que se tramitou o PERI apuntaba a fines industriais. 

Xabier P. Igrexas: "Estamos diante dun novo exemplo de urbanismo á carta, dunha xestión nada transparente e que non está ao servizo dos intereses xerais da cidade”
Ler novas

O BNG de Vigo denuncia a talla “motoserra en man” dunha árbore para facilitar o paso dun camión ao Pavillón do Carme

A fronte nacionalista demandará explicacións ás concellarías de Deportes e Seguridade e insta a adoptar as accións precisas para depurar responsabilidades.

Xabier P. Igrexas: “É escandaloso o tratamento que se lle dá, día si e día tamén, ao arboredo da nosa cidade. Un arboricidio permanente onde se trata as árbores como simples obstáculos, como elementos de quitar e poñer”.

Ler novas