Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e o concelleiro, Filipe Abalde, reunidos con representantes da Favec

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a Favec da súa sede histórica

A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do inmóbel que ocupa hai 30 anos

Xabier P. Igrexas: “É o cume da estratexia de represión de Caballero contra o tecido veciñal que se atreve a discrepar; nunca antes coma hoxe recoñeceron ter medo a represalias”

Ler novas
Manifestación da plataforma SOS Sanidade Pública

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita sanitaria” do PP na Xunta

A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública (ás 19h dende praza dos Cabalos)

Xabier P. Igrexas: “É claro que o PP non tomou nota da mensaxe contundente das pasadas eleccións galegas onde foi derrotado en Vigo polas súas políticas de maltrato”

Ler novas
feminismo

O BNG de Vigo esixe aumentar as “raquíticas” axudas do Concello a mulleres vítimas de violencia machista

A fronte nacionalista denuncia a “insuficiencia” desta partida para 2025, que equivale a 50 euros mensuais para un máximo de 33 mulleres, dun orzamento total de 335 millóns 

Xabier P. Igrexas: “É inxustificábel que o mesmo Goberno municipal que outorga máis de 200 mil euros a subvencións á Igrexa católica, pretenda destinar un 10% desa cantidade para axudar as mulleres vítimas de violencia machista”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide que o Concello apoie as persoas en risco de desafiuzamento

A fronte nacionalista propón crear unha Oficina municipal de apoio e asesoramento gratuíto ante o aumento dos despexos nun 21% no último ano, con máis de 1 caso por día

Xabier P. Igrexas: “O máis grave é que este número brutal de despexos non conta en case ningún caso dunha alternativa habitacional por parte da Xunta ou do Concello”

Ler novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa

O BNG denuncia a continua opacidade co novo PXOM de Vigo: “Que está a tramar Caballero ás agachadas?”

A fronte nacionalista cuestiona a negativa do Goberno municipal a que compareza a equipa redactora do novo Plan para explicar as modificacións dende a súa aprobación provisional

Lamenta que millares de alegacións veciñais continúen aínda na “absoluta incerteza”

Xabier P. Igrexas: “Todo é escuridade para facilitar os poderosos intereses dos de sempre”

Ler novas