O BNG solicita medidas da Xunta diante do centenar de contaxios na residencia de maiores DomusVi Bembrive
A fronte nacionalista reclama no Parlamento galego garantías de que o gromo non está a supoñer un deterioro na atención e nos coidados das persoas usuarias.
Alexandra Fernández: “A Consellaría debe facer un maior esforzo por manter as familias informadas nesta situación excepcional. A elevada porcentaxe de persoas infectadas xera unha preocupación lóxica”.
Xabier P. Igrexas: “Era ben que a Delegada da Xunta fixese un oco na súa intensa axenda de embaixadora de Feixóo en Vigo para atender a situación das residencias de maiores na nosa cidade”.