Novas
Xabier P. Igrexas presenta a carta dirixida a Abel Caballero e as emendas do BNG

O BNG pide a Abel Caballero que esixa ao Goberno español unha rectificación por negar 50 millóns de investimentos para Vigo

A fronte nacionalista traslada unha carta ao alcalde de Vigo para instarlle a que “descolgue o teléfono e exerza a influencia da que presume en relación a Pedro Sánchez”

Xabier P. Igrexas: “O que lle dicimos a Caballero é que en lugar ter a palabra Vigo na boca, transmita con firmeza ao seu goberno que atenda as emendas parciais formuladas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado de 2022 para a cidade”.

Ler novas
navia01

O BNG esixe no Parlamento galego que se revertan os recortes no IES San Tomé de Vigo

A fronte nacionalista presenta unha iniciativa para reclamar á Xunta que incremente os grupos e o profesorado de 1º da ESO, así como o persoal de orientación, tal como demanda a ANPA do centro.

A deputada Alexandra Fernández advirte de que esta decisión ten “consecuencias negativas sobre o ensino, o exceso de carga laboral no profesorado, ademais de supor unha masificación das aulas cando aínda estamos enfrontando os riscos da pandemia”.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, inscribiu os recortes nunha política deliberada do PP para “desangrar o ensino público".

Ler novas
Xabier P. Igrexas

O BNG reclama medidas para un Vigo verde ante o desinterese e a inacción do goberno de Abel Caballero

A forza nacionalista interpela ao Goberno municipal na comisión informativa de Medio Ambiente para que dea conta dos avances nesta materia, após declarar o Pleno por unanimidade a situación de emerxencia climática na cidade en setembro de 2019.

Xabier P. Igrexas: “Avanzar cara un modelo de cidade ecoloxicamente sustentábel debe ser unha prioridade na axenda política municipal”.

Ler novas
Represión policial durante a folga Vitrasa (Imaxe CIG)

O BNG de Vigo esixe responsabilidades á Subdelegada do Goberno pola represión policial na folga de Vitrasa

Xabier P. Igrexas: “Son inaceptábeis e intolerábeis as imaxes de violencia policial intentando impedir que o comité de folga e o persoal poidan exercer os seus dereitos”.

A forza nacionalista denuncia a complicidade do Goberno municipal coa dirección da empresa de bus urbano en Vigo por desatender as “lexítimas e razoábeis” reivindicacións das traballadoras e traballadores de Vitrasa.

Ler novas
Xabier P. Igrexas durante o Pleno de orzamentos municipais 2022

O BNG lamenta que Caballero impoña uns orzamentos municipais de inercia e que non atenden as necesidades reais de Vigo

Os votos do PSOE tomban todas as emendas parciais presentadas pola fronte nacionalista para mellorar as contas, malia ser a única forza da oposición que non pediu a devolución dos orzamentos.

Xabier P. Igrexas: “O BNG facemos achegas en positivo, con propostas construtivas, para enfrontar o escenario de gravísima crise social, laboral, produtiva e comercial e a resposta do Goberno municipal é un rotundo non”.

Ler novas