O BNG urxe dotar Vigo dun Plan municipal de Acción contra as Inundacións
A fronte nacionalista asegura que están identificadas na cidade até 50 zonas de risco de inundacións, segundo se recolle na revisión do PXOM, algunhas en ámbitos moi poboados e con importante actividade económica
Xabier P. Igrexas: “Temos que reforzar a prevención diante da evolución cada vez máis explosiva da meteoroloxía, con precipitacións concentradas en períodos máis curtos pero de moita maior intensidade”