candidatura
Novas
Xabier P. Igrexas (esquerda), Roberto Fernández (centro) e Beni Expósito (dereita)

O BNG aposta en Roberto Fernández para “abrir un tempo novo” en Bembrive sen corrupción e freando a ameaza dos viais

A fronte nacionalista presenta a súa candidatura co compromiso de rematar co “desgoberno” dos últimos anos e devolver a Entidade Local Menor á veciñanza de Bembrive

Roberto Fernández: “O proxecto en positivo e participativo do BNG é a mellor oportunidade para poñer fin ás prácticas caciquís que arruinaron e abandonaron a nosa parroquia”

Xabier P. Igrexas: “Con Roberto Fernández imos construír un Bembrive do que nos sentir orgullosos e orgullosas, e o BNG garantiremos que o Concello de Vigo atenda como merece esta importante parroquia”

Ler novas
Novas
Candidatura do BNG Vigo ás eleccións municipais de 2023

O BNG completa unha candidatura con “entusiasmo, compromiso e enerxía” para levar Vigo máis alá

A fronte nacionalista concorre ás eleccións municipais cunha lista paritaria, con perfís diversos e persoas referentes nos barrios e parroquias e nos movementos sociais

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía: “O BNG somos a alternativa para todas as viguesas e vigueses que non se conforman con máis do mesmo. Que saben e senten que Vigo merece máis”

Ler novas
Novas
Primeiro tramo da candidatura do BNG de Vigo

O BNG confía nunha candidatura “plural, comprometida e feminista” para levar Vigo máis alá

A fronte nacionalista presenta os dez primeiros postos da súa candidatura cara as eleccións municipais cunha lista paritaria, renovada e cunha idade media de 47 anos

Unha alternativa “solvente, rigorosa, construtiva e en positivo” con mulleres e homes de perfís diversos que formarán o futuro grupo municipal do BNG no Concello

Xabier P. Igrexas: “Imos ser capaces entre todas e todos de sumar a moitos millares de viguesas e vigueses que saben e senten que Vigo merece máis”

Ler novas
Novas
Ana Pontón e Xabier P. Igrexas na presentación do lema da candidatura do BNG en Vigo

Pontón destaca que un BNG decisivo en Vigo permitirá á cidade recuperar o seu papel de motor de Galiza

A fronte nacionalista presenta as liñas estratéxicas da proposta do BNG para as eleccións municipais de 2023 baixo o lema 'Vigo máis alá'

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía de Vigo: “Fronte a quen só pode ofrecer máis do mesmo, o BNG vai levar Vigo máis alá cun proxecto en positivo e coas persoas no centro”

A portavoz nacional destaca o traballo “valente e rigoroso” do candidato do Bloque, con propostas en positivo fronte á confrontación inútil dos que usan Vigo como un pim-pam-pum

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no centro xunto á Asemblea Local do BNG

O BNG de Vigo elixe a Xabier P. Igrexas como candidato á Alcaldía para ‘resetear’ en positivo a cidade

A Asemblea Local nacionalista renova por unanimidade a confianza no actual portavoz municipal e concelleiro, poñendo en valor as 750 iniciativas despregadas durante o actual mandato para darlle un novo impulso á cidade

Xabier P. Igrexas: «O BNG imos ser a alternativa que vai volver poñer en marcha Vigo, que vai colocar o Concello ao servizo da veciñanza e non ao ego de ninguén»

🎦 Vídeo coa intervención completa do noso candidato [VER]

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no almorzo informativo do BNG Vigo

O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios como alternativa “en positivo” cara as municipais de 2023

A fronte nacionalista pon en valor o traballo realizado durante os tres anos de mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativas sobre a práctica totalidade dos asuntos que preocupan ás viguesas e vigueses.

Critica a negativa do alcalde, Abel Caballero, a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade proposto polo Bloque por “pura e dura covardía e desprezo cara á pluralidade”

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos despregar unha alternativa que permita resetear a cidade, para que Vigo volva coller impulso fronte a un Goberno fake, que promete pero que non fai e que instalou a cidade na inercia”

Ler novas