Novas
O BNG de Vigo demanda un maior esforzo de Concello e Xunta para enfrontar a ‘emerxencia laboral’ da cidade
29/xan./2021
Diante da destrución de 2.500 empregos industriais no último ano na cidade, chaman a unha “emenda radical” das políticas do Goberno local e da Xunta en relación ao emprego.
Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitirnos seguir destinando máis recursos ao gasto das luces de nadal ou a subvencións para aeroliñas privadas do que se dedica cada ano ao Plan Municipal de Emprego”.