galego
Novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno

O BNG acada o compromiso do Pleno para actuar ante a “emerxencia” da lingua galega en Vigo

A moción da fronte nacionalista resulta aprobada, coas abstencións do PSOE e do PP, na defensa do dereito de todas as viguesas e vigueses a poder vivir plenamente en galego

Cualifica de "farsa" o Pacto pola Lingua que di promover o PP e afea as políticas "galegófobas" aplicadas pola Xunta de Galiza nos últimos 15 anos

Xabier P. Igrexas: "Como dixo Castelao, se aínda somos galegas e galegos é por obra e graza do idioma"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demandará o compromiso do Concello a prol do dereito a “vivir plenamente en galego”

A fronte nacionalista levará unha moción ao vindeiro Pleno municipal demandando medidas en favor da efectiva normalización do noso idioma diante da situación de emerxencia lingüística que revelan os últimos datos oficiais

Xabier P. Igrexas: “O retroceso no uso do galego é consecuencia directa da política lingüística galegófoba, discriminatoria e excluínte aplicada nos últimos quince anos de goberno do Partido Popular na Xunta da Galiza contra do noso propio idioma”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, nanifestación Queremos Galego en Vigo en marzo de 2023

O BNG aposta en facer do Concello de Vigo un axente activo pola plena normalización do galego

O candidato nacionalista chama a poñer fin á “galegofobia dos últimos anos”, rematando coa exclusión do galego nas actividades municipais e despregando campañas de promoción do uso social da nosa lingua propia

Xabier P. Igrexas: “O galego ten que deixar de ser unha anécdota, un elemento ornamental para xornadas como este 17 de maio. Temos que galeguizar Vigo como maior cidade de Galiza”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG propón declarar o 23 de febreiro como día de Rosalía de Castro en Vigo

A fronte nacionalista presentará unha moción ao Pleno de febreiro, elaborada pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG), para poñer en valor a figura da escritora con actividades de promoción da súa obra.

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, reclama que o Goberno municipal garanta un compromiso efectivo do Concello como axente a favor da normalización plena do galego na cidade.

Ler novas
Novas
xpi02

O BNG de Vigo critica a “hibernación” do Consello Municipal de Lingua

A fronte nacionalista denuncia que o organismo consultivo fica paralizado desde outubro de 2019 despois do intento do Goberno local de excluír o BNG.

Xabier P. Igrexas: “Oxalá o Goberno de Caballero dedicase un 1% da enerxía, compromiso e recursos que destina a promover o inglés en Vigo, a apostar pola plena normalización do galego na principal cidade de Galiza”.

Ler novas
Novas
xpi bng

O BNG de Vigo critica que o Concello dedique á normalización do galego o 5% do que gasta nas becas de inglés 

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten que abandonar a política españolizadora e galegófoba que o único que pretende, con boas palabras, é acabar de matar a lingua por inanición". 

A fronte nacionalista afea que o alcalde só lembre do "idioma propio de Galiza” o 17 de maio mentres incumpre todo o ano a ordenanza municipal de normalización lingüística. 

Ler novas
Novas
ROLDA BNG

O BNG comprométese a facer valer os intereses de Vigo no Parlamento galego para poñer fin ao abandono da Xunta

A fronte nacionalista presentou as liñas de traballo coas que iniciarán o curso político as dúas deputadas viguesas, Carmela González e Alexandra Fernández.

O reclamo dunha mudanza radical nas políticas industriais e laborais e a blindaxe e alargamento dos servizos públicos, serán dous eixos prioritarios.

Xabier P. Igrexas: “O BNG defenderá o papel que ten que xogar Vigo como motor de todo un País”.

Ler novas