moción
Novas
AP9

O BNG levará ao Pleno de Vigo a esixencia de que se apliquen as bonificacións na AP9 a partir do 1 de febreiro

Demandan tamén que se avance na transferencia da competencia e da xestión con rumo a unha AP9 galega e libre de peaxes, que se converta en tramo urbano a autoestrada desde Torres de Padín, a instalación de pantallas acústicas e a reforma dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa.

Xabier P. Igrexas: "“Falamos dun compromiso de xaneiro de 2020 e agora botan balóns fóra con escusas burocráticas. Que estivo facendo o Goberno español durante estes doce meses?”

Ler novas
Novas
xpi01

O BNG de Vigo demandará no Pleno novas medidas urxentes para enfrontar a segunda vaga da Covid19

Xabier P. Igrexas: “Queremos que o Concello mobilice todos os recursos e capacidades das que dispón para fortalecer a resposta da cidade diante da Covid19 e protexer as viguesas e vigueses”.

Propoñen medidas para reforzar a prevención, enfrontar as consecuencias sociais e económicas, e abrigar o sector cultural da cidade.

Esixen que a Xunta exerza as súas competencias e que coopere desde o diálogo co Concello.

Ler novas
Pleno
pleno01

Xabier P. Igrexas: “Non se pode gobernar a cidade téndolle medo á xente. Democracia é moito máis que votar cada catro anos”

  • O concelleiro do BNG de Vigo critica que a maioría absoluta do PSOE impedise a aprobación da moción na que instaba a elaboración dun novo Regulamento de Participación Cidadá..
  • O Bloque demandou tamén no Pleno que se atendan as reivindicacións do colectivo de bombeiros e interpelou o Goberno local sobre a necesidade de poñer en marcha un Parque Municipal de Vivenda Social que evite que se sigan a producir desafiuzamentos sen alternativa habitacional.
Ler novas