propostas
Novas

O BNG de Vigo aposta na cultura como eixo estratéxico dun novo modelo de cidade

A fronte nacionalista celebrou este sábado un Vermú Cultural no que trasladou as grandes liñas do seu programa nesta materia de cara ás eleccións do 28 de maio

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “Hai que blindar o dereito á cultura cunha política municipal elaborada con participación para que nunca máis un Goberno poida impoñer a súa visión cutre e caprichosa”

Ana Martínez, candidata número 2: “En Vigo hoxe hai cultura a pesar do Concello, da falta de apoio e das dificultades que moitas veces pon a administración local”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo

O BNG de Vigo propón 4 melloras para axilizar o “deficiente” servizo de bus urbano

A fronte nacionalista pide a implantación dun sistema de prioridade semafórica, máis carrís bus-taxi, estender o modelo de parada "en liña" e modificar as cadencias horarias para evitar o “acabalgamento” de buses

Xabier P. Igrexas: “Son medidas concretas e factíbeis que permitirían potencialo como unha alternativa ao coche particular e avanzar cara a unha mobilidade máis sustentábel”

Ler novas
Goberno local
bng 20

O BNG formula 20 “propostas en positivo” para os 100 primeiros días do novo Goberno municipal de Vigo

  • Propoñen a posta en marcha dun Parque Municipal de Vivendas Sociais, a elaboración “transparente e participativa” do PXOM, un novo Regulamento de Participación Cidadá ou apostar por unha “mellora substancial” do servizo de bus urbano.
  • O concelleiro electo, Xabier P. Igrexas, destacou que as 20 medidas incluídas pretenden ofrecer alternativas concretas para incidir en problemas e necesidades reais da veciñanza de Vigo que non están a ser atendidas.
Ler novas