sanidade
Novas
xabier p

O BNG de Vigo critica os novos recortes do Sergas na atención pediátrica na cidade

Xabier P. Igrexas: "Un verán máis a Xunta do Partido Popular castiga a cidade de Vigo con recortes sanitarios. Coruxo volverá ficar sen pediatra e catro centros de saúde non terán atención pediátrica pola tarde. É intolerábel.”

A fronte nacionalista chama a que as viguesas e vigueses aposten pola reversión dos recortes e a blindaxe da sanidade pública apoiando o proxecto de “cambio galego” que lidera Ana Pontón.

Ler novas
Novas
ambul

O BNG alerta en Vigo que os recortes nos servizos de emerxencia sanitaria poñen en risco a poboación

O 061 permite que ambulancias operen sen máis persoal que o condutor ou condutora e está a substituírse o transporte programado en ambulancia polo uso de taxis.

A fronte nacionalista critica que unha área sanitaria de medio millón de persoas só dispoña de 2 ambulancias de soporte vital avanzado.

Montse Prado expresa o compromiso do Bloque para reverter os recortes sanitarios impostos polo Partido Popular.

Ler novas
Novas
mercado nadal

O BNG de Vigo levará ao Pleno as graves irregularidades denunciadas no mercado de nadal da Praza de Compostela

  • A fronte nacionalista rexistrou unha moción de urxencia após se coñecer as denuncias presentadas pola CIG diante do Concello, de sanidade e da Inspección de Traballo.
  • Xabier P. Igrexas considera de “enorme gravidade” os incumprimentos das bases de adxudicación no que ten a ver coa falla de garantías hixiénico sanitarias dos postos gastronómicos, a non publicación de listaxes de prezos e a vulneración de dereitos laborais do persoal contratado.
  • Urxen o Goberno municipal a practicar inspeccións e a adoptar as medidas necesarias para resolver esta situación.
Ler novas
Xunta
IMG-20191002-WA0017

O BNG apoia o reclamo do Comité de Empresa para que o Sergas absorba o hospital Povisa 

  • A deputada Montse Prado interpelará o conselleiro de Sanidade e demandará que se declare “de interese público” o centro médico como primeiro paso para tomar o control desde o Sergas.

 

  • O portavoz municipal do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou a reacción “cómplice” de PP e PSOE diante da posíbel compra de Povisa por un fondo voitre. “Para Alfonso Rueda e Abel Caballero parece que falamos do traspaso dunha cafetaría e non dun hospital que atende a 140 mil persoas da área sanitaria de Vigo”.
Ler novas
Xunta
FOTO PRADO E IGREXAS POVISA 1

O BNG esixe que a Xunta actúe diante dos recortes sanitarios ordenados pola dirección de Povisa

  • O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denuncia que co concerto especial de Povisa as case 140 mil pacientes adscritas ao centro privado son tratadas como “pacientes de segunda” e responsabiliza o Partido Popular desta situación.
  • A deputada Montse Prado solicitará a comparecencia do conselleiro de  Sanidade no Parlamento de Galiza, así como que se realice unha investigación a fondo polo Sergas e se audite o funcionamento do convenio con Povisa. 
Ler novas
Xunta
bouzas bng 210918

O BNG denunciará no Parlamento galego a “tomadura de pelo” de Feixóo co centro de saúde de Bouzas

  • Para Xabier P. Igrexas resulta “escandaloso” que en dez anos de Feixóo na Xunta non se teña “nin posto a primeira pedra”, confirmando a política de abandono e recortes que o PP aplica contra a principal cidade de Galiza.
  • A fronte nacionalista presentará nos vindeiros días unha iniciativa parlamentar demandando que se urxa a construción e esixindo que non se dote a Bouzas dun “centro de saúde recortado á metade”, como pretende o Goberno galego.
  • Igrexas chama ao PP vigués a deixar de axir como “mera sucursal de Feixóo” e reclámalle firmeza para defender os intereses das viguesas e vigueses.
Ler novas
Xunta
meixoeiro

Xabier P. Igrexas: “É insultante que o Sergas peche 3 de cada 10 camas hospitalarias en Vigo cunhas listas de agarda insoportábeis”.

  • O concelleiro do BNG urxe a que o Sergas rectifique esa decisión para garantir unha atención sanitaria de calidade tamén durante o período estival.
  • A fronte nacionalista volve demandar que se reverta o modelo privatizador imposto polo PP no hospital Álvaro Cunqueiro, cando se veñen de cumprir catro anos da súa posta en marcha.
Ler novas