taxas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG pide abrir o debate sobre a aplicación en Vigo dunha taxa turística

A fronte nacionalista demanda ao Goberno municipal a elaboración dun estudo técnico, en colaboración coa Universidade de Vigo

Defenden que a taxa permitirá que o turismo contribúa ao sostemento dos gastos que supón para a cidade, paliar os impactos negativos da actividade turística e frear o avance dos pisos turísticos

Xabier P. Igrexas: “A taxa turística pode ser unha medida útil no camiño de impulsarmos un modelo de turismo sustentábel para que Vigo non fique reducida a un parque temático para o excursionismo de masas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo rexeita a suba xeral dos impostos municipais e anuncia emendas para unha fiscalidade xusta

A fronte nacionalista considera que non hai xustificación económica que motive o aumento dun 4% cando o Concello conta con “remanentes récord” e deixa cada ano sen gastar 4 de cada 10 euros dos orzamentos: “É unha verdadeira estafa social”

Pide alargar as bonificacións e as exencións tendo en conta o poder adquisitivo das persoas e das familias para que aquelas con menos recursos paguen menos

Xabier P. Igrexas: “Neste contexto de agravamento da crise e de carestía de prezos, non é momento de aplicar subas xerais que avanzan no empobrecemento da maioría”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro BNG Vigo

O BNG de Vigo cualifica de «rotundamente insuficiente» a conxelación de taxas e pide unha fiscalidade municipal socialmente xusta

A fronte nacionalista anuncia unha ampla batería de emendas na tramitación das ordenanzas fiscais do 2023 para alargar as bonificacións e exencións as persoas e fogares con menores recursos e ao pequeno comercio.

Xabier P. Igrexas:«No actual contexto de crise, cunha inflación disparada que que coloca a moitos fogares da nosa cidade nunha situación límite, non abonda cunha conxelación. Temos que ir a unha verdadeira reforma fiscal que faga que quen menos ten, pague menos»

Ler novas
Novas
xpi auga

O BNG de Vigo alerta de que a estas alturas non se sabe cal será a tarifa da auga en 2021

_A modificación da ordenanza, aprobada en solitario polo Goberno municipal, inda non é definitiva ao non se ditaminar as alegacións veciñais nin se volver levar a Pleno.  

_A fronte nacionalista demanda un debate social amplo para reformar a ordenanza cunha nova tarifa dentro dun novo modelo de xestión pública dun ben esencial como é a auga.

Ler novas
Goberno local
IMG_20190621_101026

O BNG propón implantar no Concello de Vigo un Plan de Pago Personalizado de impostos e taxas

  • A iniciativa permitiría que todas as persoas físicas, as PEMEs e as entidades sen ánimo de lucro puidesen fraccionar até en doce mensualidades o pago dos impostos e taxas sen ningún tipo de recargo nin xuros.
  • O concelleiro Xabier P. Igrexas defende esta medida, que xa se aplica noutros municipios, para reducir o esforzo económico das familias traballadoras. 
Ler novas
Goberno local
bembrive

O BNG demanda unha fiscalidade municipal “socialmente xusta” en Vigo

As alegacións presentadas pola fronte nacionalista ás ordenanzas fiscais do ano 2019 avanzan na “progresividade”, para reducir o esforzo fiscal das familias con menores recursos.

Demandan, entre outros, a gratuídade do autobús para persoas desempregadas e sen ingresos, facilidades no aprazamento e pago aprazado das taxas, a modificación do recibo de auga, e que se bonifique o 95% do IBI á Universidade e aos locais de entidades sen ánimo de lucro.

Ler novas