O BNG acusa o PSOE de renunciar á conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto no ano 2030
A fronte nacionalista defende no Senado unha moción para que o Goberno español cumpra o compromiso coa Saída Sur sen postergala fronte a outras conexións ferroviarias
Xabier P. Igrexas: “O PSOE de Vigo insiste na súa estratexia de falsidades e confusión para tentar encubrir os seus incumprimentos coas conexións ferroviarias da nosa cidade”