O BNG desprega unha grande faixa no Castro en solidariedade coas persoas refuxiadas

O BNG desprega unha grande faixa no Castro en solidariedade coas persoas refuxiadas

_Un acto simbólico de denuncia da “política de vergoña” da Unión Europea.

faixa01

faixa03

VIGO 16 de abril de 2016.- O BNG de Vigo despregou ás 12h desta mañá na ladeira do monte do Castro unha faixa de grandes dimensións co lema “Galiza c@s refuxiad@s, non á guerra”. O acto encádrase nunha acción nacional impulsada polo Bloque para rexeitar a política “vergoñenta” da UE en relación á crise das refuxiadas.Ademais de en Vigo o despregue de faixas realizouse de maneira simultánea en diferentes lugares emblemáticos do país como a Torre de Hércules na Coruña, a muralla de Lugo, a catedral de Santiago ou as burgas de Ourense.

faixa06No acto simbólico decorrido nas escaleiras do monte do Castro, participaron varias ducias de persoas que portaban cartaces con mensaxes de crítica e denuncia. “Negar o asilo é un acto criminal”, “abrir as fronteiras aos dereitos humanos”, “OTAN culpábel, UE cómplice”, “Non ás guerras imperialistas!”, “acollamos refuxiadas en lugar de rescatar bancos”, “paz e xustiza”, “a hipocrisía mata, UErgoña” ou “ningún ser humano é ilegal” foron algunhas das mensaxes lanzadas.

Ao remate tomaron a palabra o responsábel local do BNG, Serafín Otero, e a voceira da fronte nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, dando lectura ao manifesto nacional, no que entre outras cuestións se exixía a ruptura do acordo asinado entre a UE e Turquía.

[Imaxes cedidas por Ernesto Ilkerman]